D.O.G. 21 de maio de 2018
1º e 2º CURSOS DE E. PRIMARIA
A contía de axuda para adquirir libros de texto en 1º e 2º de E.P. será a seguinte:
Estes libros non teñen compromiso de devolución por non ser reutilizables.
3º, 4º, 5º e 6º CURSOS DE E. PRIMARIA
Os alumnos/as matriculados nestes cursos poden optar ao Fondo solidario de Libros de Texto existente no Centro. A adxudicación dos libros farase por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten as existencias.
Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros de texto necesarios para garantir:
a) Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € : 6 libros de texto
b) Ao alumnado con renda per cápita dende 5.400 € ata 9.000 € :4 libros de texto
Estes alumnos/as están obrigados/as a devolver os libros en debidas condicións ao remate do curso. No caso de ter libros do Fondo no curso 2017-18, deberán ter devoltos ditos libros antes do 22 de xuño para poder optar ás novas axudas.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
As familias con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € terán dereito a un vale de 50 € para adquisición de material escolar.
Presentación de solicitudes
Presentarase no centro que estén admitidos, unha única solicitude para todos os fillos especificando o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2018/19.
A solicitude pódese elaborar accedendo a aplicación FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros e logo presentala:
- No propio centro
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Documentación
- ANEXO I e ANEXO II : Pódense descargar en formato pdf dende a propia aplicación de FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou recollelos no propio centro.
- Fotocopia do libro de familia na que figuren todos os membros computables da unidade familiar. En caso de que a situación a día 31 de decembro de 2016 non coincida coa do libro, terase que presentar a seguinte documentación:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia
- Certificado ou volante de convivencia
- Informe dos servizos sociais
Outra documentacion (en caso de ser necesaria):
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade
- No caso de situación de violencia de xénero, documentación acreditativa
- Resolución xudicial de incapacitación
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Certificado de convivencia no caso de que o pai, nai ou titor carezan de DNI
Prazos
Presentación de solicitudes dende o 22 de maio ata o 22 de xuño incluído.
Os alumnos de sexto teñen que presentar a solicitude no IES que estén admitidos