Animación á lectura

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas, pois desde os anos 90 celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, a instancias da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil, e en recoñecemento ao labor que exercen todos os bbliotecarios, todas as bibliotecarias, a prol da lectura, da educación e da cultura. 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso botamos a andar as MOCHILAS VIAXEIRAS e pensamos que foi unha experiencia fabulosa!

Aquí están os vosos traballos...

Agardamos que vos guste!

A NOSA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, o día 24 de novembro fixemos distintas actividades para a reapertura da biblioteca.

Primeiro, estivemos falando do DÍA DA BIBLIOTECA. Este ano tratouse de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Logo, na presentación da bibioteca, fíxose un recordatorio das normas necesarias para mantela en orde e tamén se pediu a colaboración de todos/as.

A continuación, fíxose a entrega de carnés para que en breve, cando teñamos o programa Meiga, se podan facer os préstamos de forma informatizada.

Por último, fíxose a presentación das mochilas viaxeiras e logo de explicárlles o funcionamento da actividade repartíronse por cursos e todos/as se foron polas as clases para saber quen sería o primeiro/a en levala.

 


Podedes ollar outras fotos na galería.

23 de abril. DÍA DO LIBRO

O 15 de novembro do ano 1995 na Conferencia Xeral da Unesco aprobouse en París que a partir do seguinte ano tódolos 23 de abril íase celebrar o Día Internacional do Libro. A proposta fora presentada á Unesco pola Unión Internacional de Editores co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectural por medio do dereito de autor.

A razón de elixir esta data como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do finamento dos escritores Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega o 23 de abril de 1616.

Ratoteca, a mascota da nosa biblioteca, pensou que durante a semana do 22 se poderían facer diversas actividades. En breve deixaremos o programa e o resultado final...

Mentras tanto ollade o seguinte texto, foi un agasallo de Paula Carballeira (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro) para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula, no texto, destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que  (en principio) ofrecen máis resistencias:


Este é o programa de actividades propostas por  Ratoteca e como quedaron:

A ÁRBORE DOS LIBROS:


A PLANTILLA DE MARCAPÁXINAS QUE O ALUMNADO DECOROU:


 

LIBRO  CON FRASES E CITAS CÉLEBRES:


Para rematar, a nosa mascota agasallounos con unhas pegatinas.

Distribuir contido