A NOSA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, o día 24 de novembro fixemos distintas actividades para a reapertura da biblioteca.

Primeiro, estivemos falando do DÍA DA BIBLIOTECA. Este ano tratouse de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Logo, na presentación da bibioteca, fíxose un recordatorio das normas necesarias para mantela en orde e tamén se pediu a colaboración de todos/as.

A continuación, fíxose a entrega de carnés para que en breve, cando teñamos o programa Meiga, se podan facer os préstamos de forma informatizada.

Por último, fíxose a presentación das mochilas viaxeiras e logo de explicárlles o funcionamento da actividade repartíronse por cursos e todos/as se foron polas as clases para saber quen sería o primeiro/a en levala.

 


Podedes ollar outras fotos na galería.