Complementarias

XIX FESTA DOS COGOMELOS DE SOUTELO DE MONTES

O día 5 de novembro, tivo lugar en Soutelo de Montes a "XIX Festa dos Cogomelos"

A asociación "O Can de San Roque" púxose en contacto co centro para ofrecernos a posibilidade de deseñar o cartel desta festa gastronómica.

Aquí tedes unha mostra dos deseños que lle entregamos:

AULA DE INFANTIL

AULA DE 1º/2º DE PRIMARIA

 

AULA DE 3º/4º PRIMARIA

 

AULA DE 5º/6º PRIMARIA

 

 

O CARTEL ELIXIDO POLA ASOCIACIÓN PARA PUBLICITAR A FESTA DO COGOMELO FOI O SEGUINTE:

 

MOITOS PARABÉNS Á AULA DE 5º/6º DE PRIMARIA

TÉÑENO BEN MERECIDO!  MOI BO TRABALLO!!!

LETRAS GALEGAS: 17 de maio do 2023

on motivo da celebración das Letras Galegas, coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 

Nesta tarefa o alumnado para coñecer a este autor tivo que convérterse en artista e deseñar unha caricatura, logo coas dúas premiadas confeccionamos marcapáxinas que repartimos polo pobo. Os máis maiores do centro tiveron que programar e traballar coa robótica para acceder a diversa información sobre a vida e obra do autor.

Temos que agradecer a Francisco Fernández del Riego todo o amor e traballo que realizou en prol de Galicia.

AQUÍ VAI A NOSA HUMILDE HOMENAXE 

 

<

XOGADE: DEPORTE ESCOLAR

Este venres 19 de maio levouse a cabo unha xornada de deporte e convivencia seguindo coa planificación do programa: “XOGADE”. Por este motivo desprazámonos ao CEIP Pedro Antonio Cerviño para levar a cabo diversas competicións en tres modalidades: fútbol, balonmán e baloncesto.

Grazas a todas e todos pola vosa participación!!

 

XORNADA CON PABLO SEOANE

O xoves 11 de maio  contamos no centro coa compañía de Pablo Seoane.

Grazas a este gran gaiteiro, desfrutamos dunha xornada de aprendizaxe lúdico onde Pablo nos sumerxiu na maxia da nosa música tradicional e popular.

Podedes ver unhas imaxes deste CONCERTO-CHARLA DIDÁCTICA SOBRE INSTRUMENTOS POPULARES E TRADICIONAIS.

 

Distribuir contido