PROGRAMA PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA

Este curso, como novidadee, querémosvos informar de que no terceiro ciclo estamos participando no programa PRENSA ESCUELA.

No lateral esquerdo da páxina está un bloque onde atoparedes moita información relativa a este programa.

 

DEMOSTRACIÓN DE CAPOEIRA

O día 21 de setembro estiveron no colexio representantes da asociación deportiva cultural CAPOEIRA ANGOLA ZIMBA para presentarnos o proxecto de Capoeira Angola que están desenvolvendo: "VEN JOGAR MAIS EU".

O proxecto ten como eixe a práctica da Capoeira Angola- actividade física, ximnástica, atlética e deportiva de carácter recreativo-.

A Capoeira é un instrumento pedagóxico que traballa coa música, coa danza, o xogo lúdico, a expresión cultural, o teatro, a psicomotricidade, desenvolvendo deste xeito a creatividade, o equilibrio emocional, a afectividade, a sociabilidade, a determinación, a coordinación motora, a flexibilidade e a forza.

Despois de contarnos en que consistía a Capoeira ensináronnos un montón de instrumentos e fixéronnos unhas demostracións, bueno todos os rapaces/as tiveron a oportunidade de iniciarse na..."Capoeira".

Botádelle un ollo ás fotos da galeria

CALENDARIO ESCOLAR 2012-2013

 

No documento adxunto pódese acceder ao calendario escolar 2012-2013

MATRÍCULA CURSO 2012/2013


MATRÍCULA CURSO 2012/2013


DE ACORDO CO ESTABLECIDO NO ARTIGO 9º.2 DA ORDE DO 17 DE MARZO DE 2007, ÁBRESE O PRAZO DE MATRÍCULA NESTE CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2012/2013, DESDE O UN DE MARZO ATA O DEZ DE ABRIL, AMBOS INCLUIDOS.


A DOCUMENTACIÓN QUE SE PRECISA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É A SEGUINTE:

 

Distribuir contido