DEMOSTRACIÓN DE CAPOEIRA

O día 21 de setembro estiveron no colexio representantes da asociación deportiva cultural CAPOEIRA ANGOLA ZIMBA para presentarnos o proxecto de Capoeira Angola que están desenvolvendo: "VEN JOGAR MAIS EU".

O proxecto ten como eixe a práctica da Capoeira Angola- actividade física, ximnástica, atlética e deportiva de carácter recreativo-.

A Capoeira é un instrumento pedagóxico que traballa coa música, coa danza, o xogo lúdico, a expresión cultural, o teatro, a psicomotricidade, desenvolvendo deste xeito a creatividade, o equilibrio emocional, a afectividade, a sociabilidade, a determinación, a coordinación motora, a flexibilidade e a forza.

Despois de contarnos en que consistía a Capoeira ensináronnos un montón de instrumentos e fixéronnos unhas demostracións, bueno todos os rapaces/as tiveron a oportunidade de iniciarse na..."Capoeira".

Botádelle un ollo ás fotos da galeria