A herdanza xenética dun ser humano son rasgos ou características que se transmiten de pais/nais a fillos/as. O material xenético atópase en cada unha das nosas células. As células sexuais permiten que cando se fecunde o óvulo ambos proxenitores aporten ao feto a metade do seu material xenético, así o fillo/a terá características de ambolos dous.
Os membros dunha mesma familia tenden a ter caracteristicas semellantes: cada alumno/a tivo que atopar as súas: investigaronor rasgos físicos ou rasgos de carácter tes cos teus proxenitores.
O noso centro participa no programa de innovación educativa CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE para acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia social e mellorar o clima escolar de toda a comunidade educativa.
O alumnado de 2º primaria convidou a pai dun alumno a que lles ensinará o seu traballo, ferramentas...