Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

DÍA DA MÚSICA. SANTA ICIA: 22 de novembro

Santa Cecilia é o día da patrona dos músicos.

VISITA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O alumnado de 6º de primaria toca para

os cativos da gardería municipal.

 OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Cadros famosos evocan cancións ao noso alumnado de 6º primaria.

   

CAIXAS PARA OS RECREOS: PATIOS DINÁMICOS 2023

O equipo de patios dinámicos xa teñen listas as caixas para os recreos. Crearon un recuncho no colexio para todos os nosos xogos de patios.

Cada caixa ten 3 ou 4 xogos de mesa, movemento, cooperativos, de lóxica... adaptados a súas idades.

O alumnado as terá nas súas clases e faranse responsables do seu coidado e mantemento.

Estamos listos para comezar a xogar!!!

Montaxe de caixas e do recuncho de material de patios Xogamos nos patios coas novas caixas
   
Nos día de chuvia os patios son no pavillón, onde tamén empregamos as nosas caixas.  
 

 PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS

 

LINGUA DE SIGNOS EN 3º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º de educación primaria preséntase empregando a lingua de signos. Preme na imaxe para que podas coñecelos.

 

PATIOS DINÁMICOS: OBRADOIROS DOS/DAS AXUDANTES DE PATIO

No recreo da primeira semana, as/os axudantes de patios ofertaron o que saben facer e querían ensinar ao resto de compañeiras e compañeiros do colexio.

No recreo da segunda semana, os grupos de axudantes ensinaron nos seus obradoiros axedrez, lettering, balonman...

E, para rematar, no recreo da terceira semana, acompañaron aos nenos e nenas de infantil.

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasaron.

AXUDANTES OFERTAN DE OBRADOIROS OBRADOIRO DE AXEDREZ
   
OBRADOIRO DE BALONMAN OBRADOIRO DE LEGO
   
OBRADOIRO DE LETTERING OBRADOIRO DE TENIS
   

OBRADOIROS NO PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

MAQUETAS DE CÉLULAS ANIMAIS E VEXETAIS DE 6ºP

As células son a unidade máis pequena que atopamos nos seres vivos. Poden ser eucariotas ou procariotas. 

O alumnado de sexto de educación primaria, dentro da materia de ciencias da natureza, fixo una maqueta con células animais e vexetais. Tiñan que facer a súa replica cos materias que quixeran, por as partes e facer unha exposición do seu traballo.

Preme na imaxe para ver os traballos:

MAQUETAS CLASE 6º A MAQUETAS CLASE 6º B
 

Presentacion alumnos 4º

SAÍDAS FIN DE CURSO PRIMARIA

O alumnado de 1º a 5º de primaria realizou unhas saídas de fin de curso:

  • Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º primaria visitaron o Xardín Botánico de Vigo.
  • Os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria xogaron no Parque Nelson Mandela de Vigo e visitaron o Museo Meirande en Redondela.

Preme nas imaxes para ver o ven que o pasaron.

Saída alumnado 1º, 2º e 3º P.

Saída alumnado 4º e 5º P.

PRESTAMO DE VERÁN NA BIBLIOTECA

A Biblioteca retoma a actividade do préstamo de verán. Cada neno/a pode escoller ata 5 libros da biblio para levar no verán a súa casa.

A profe Yolanda e os nenos/as voluntarios/as de 6º primaria estiveron facendo o préstamo aos seus compañeiros/as.

Preme na imaxe.

SAÍDA AO CODESAL. De 1º a 5º de primaria

O Club Codesal convidounos a pasar unha mañá nas súas instalacións: pasámolo xenial.

Moitas grazas polo convite.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

BIBLIO CREATIVA. REMATE DE BOLSIÑAS

Por fin rematamos as nosas bolsiñas: decoración e cosido final.

Preme na imaxe.



by Dr. Radut