Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

Secretaría - Sub Categories

Triptico de información

          
   
     

Reserva de praza 2021-2022

       
  Reserva de praza para a próximo curso 2021-2022  
 

*Atención: Na marxe superior dereita pódense descargar ou imprimir os documentos que se precisen.


 
   Calendario  
   
     
  Postos vacantes
 
   
     
   Área de influencia
 
   
     
   Documentación a entregar para formalizar a reserva  
     
     
  Solicitude de reserva: Documentación a preencher
 
   
     

Xornada de Portas abertas 2021

     
  

          XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2021.

            (Previa cita 886 11 00 75)

  
   
     
   
     

Libros de texto curso 2020-2021

     
 

Libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

*Recordade que podedes descargar ou imprimir o listado en formato pdf premendo no icono indicado na marxe superior dereita.

 
     
     

 

Listaxe Provisional Alumnado Admitido Curso 2020-2021

     
 

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020-2021

 

Por mor da lei de proteción de datos non podemos publicar a listaxe cos nomes dos nenos e nenas que solicitaron praza en Solanas para o vindeiro curso.

TODOS FORON ADMITIDOS e teñen que formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

PROCEDEMENTO: poderán descargar a seguinte documentación e entregala debidamente cumplimentada na secretaría do centro en prazo, ou ir ao colexio a recollela e voltar a entregala, en prazo.

  • Descarga os documentos para a matrícula en Educación Infantil premendo aquí.
  •  Descarga os documentos para a matrícula en Educación Primaria premendo aquí.
 
     

NOTA INFORMATIVA PROCEDEMENTO DE TRABALLO NO 3º TRIMESTRE

  NOTA INFORMATIVA PROCEDEMENTO DE TRABALLO NO 3º TRIMESTRE  
 

Segundo as instrucións publicadas pola Consellería de Educación, neste 3º trimestre as actividadesque faga o alumnado, en formato telemático, serán de repaso, reforzo, recuperación, e se fosenecesario, de ampliación de aprendizaxes anteriores (do 1º e 2º trimestre).

O alumnado partirá dun aprobado xeral pero cada un terá a súa nota dependendo do traballo que faga nas súas casas e envíe ao profesorado. Este traballo sempre será para mellorar.

Para axudar a conciliación familiar e a que o noso alumnado non teña sobrecarga de tarefas, o profesorado de Solanas tomará as seguintes medidas a partir do luns 27 de abril:

 
 
  • NOVO HORARIO ESCOLAR PARA INFANTIL E PRIMARIA.
 
   
   
 
  • ENVÍO DE TRABALLO

O día anterior pola tarde, cada profesor/a enviará o traballo do día seguinte para que as familias poídan organizarse.Adxuntamos medios que empregará o profesorado para enviar e recoller o traballo do alumnado.

 
     
 

Se vostedes teñen algunha dúbida ou consulta poden enviala ao correo do colexio: ceip.solanas@edu.xunta.es e o equipo directivo intentará axudalos.

 
     

Proceso de admisión curso 2020-2021

     
  ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020 - 2021  
  DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020
 
 

 

Dende o 11 de maio ata o 18 de maio permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o próximo curso 2020-2021. O calendario do procedemento de admisión e matricula está establecido na Orde do 12 de marzo de 2013.

PRAZO DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio

DIRIXIDO A:

  • Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo.

  • Alumnado que quere cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas dispoñibles.

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE:

 

VÍA TELEMÁTICA www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Esta ferramenta posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación e presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica.

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento empregando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude.

MODO PRESENCIAL

Acudir ao centro educativo, pedir en secretaría a solicitude, cubrila e nós a tramitamos.

 

 
 

- Publicación doas listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño.- Publicación doas listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido antes do26 de xuño.

- Formalización da matrícula do 1 ao 10 de xullo.

 
   
   
   
   
   
   
     

Listaxes definitivas do Fondo de Libros 2019-2020

     
   Publicación dos listados definitivos do Fondo de libros para o vindeiro curso.  
     
     
   
     

Listado provisional do Fondo de Libros

     
  Publicación do listado PROVISIONAL do Fondo de libros para o vindeiro curso.  
     
     

Publicación dos Libros de Texto curso 2019-2020

     
  Listados dos libros de texto para o vindeiro curso 2019-2020  
  Educación Infantil  
   
     
  Educación Primaria (*Actualizado)
 
     
     


by Dr. Radut