Ola familias!! A actividade de arte de hoxe é sobre un video que fixemos en Dinamización, pouco antes de pasar todo isto e ter que quedar sin sair da casa. Grabei a todo o colexio, os nosos peques tamén andan por ahí. Están guapiiisim@s e fixéronno moi ben!! Si se lles fai longo, podedes miralo a partir do minuto 2:07. Propoño que escollades un verso dos que saen no video e fagades un bonito debuxo en relación a ese verso. Unha obra de arte, como sólo vós sabedes!!!❤️❤️
Espero que estedes moi ben, hoxe a actividade de música é unha canción que xa coñecedes.
Deixo un video que vos fixen, onde levaremos o ritmo da canción pisando unhas estreliñas de papel.
Si non queredes facer as estrelas, podedes tamén levar o ritmo da canción como facemos na clase, con palmas, movendo os pes como si forades piratas camiñando, tocando con 2 paus (dúas culleres de madeira)...o importante é seguir o ritmo, moverse, cantar ...e sobre todo pasalo ben!!
Bos días familias!! Hoxe propoño : 1-Xogar ao vexo, vexo cos cadros de Kandinski, un pintor moi importante (foi o precursor do arte abstracto). 2-Que fagades conmigo un cadro de Kandinski muy bonito e moi colorido: círculos de cores. Un beso grande!! Espero que o pasedes ben. Forza!!