Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 4.


 

VIDEO RELAXACIÓN.

 

A mestra Leticia, responsable do Refórza-t, elaborou un vídeo para que practiquedes a respiración na casa e vos relaxedes un pouco, algo moi necesario nestes momentos.

Esperamos vos sirva de axuda a aqueles e aquelas que necesitedes dedicarvos un tempo.

Sorriso

 

Preme na imaxe para velo:

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 5.

 

Continuamos coa expresión das emocións. Aquí tedes a actividade 2 desta fase:

 


 

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 6.

 

Aquí tedes a actividade 3 da fase de expresión das emocións.

 


 

LETRAS GALEGAS NO CEIP AS SOLANAS

 

BOS DÍAS FAMILIAS:

Ainda que a crisis do coronavirus obriga a aprazar ata outubro a celebración do día das Letras Galegas.Dende Dinamización Lingüística pomos en marcha unhas propostas de actividades para todo o mes de maio, iremos colgando uns enlaces para achegar a toda a comunidade educativa a figura tan relevante de Ricardo Carvallo Calero.
Comezaremos pola biografía e pouco a pouco iremos
achegando propostas para todos os gustos.
Animadevos a PARTICIPAR!!!
Vai ser divertido...
Un saúdo D. L.

 

 O PORTAL DA LINGUA GALEGA CREOU UN ENLACE SOBRE A BIOGRAFÍA DE RICARDO CARBALLO CALERO CON PICTOGRAMAS MOI ADECUADA PARA E.iNFANTIL E OS PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA:

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1252.html

 

E PARA OS MAIORES DE E. PRIMARIA SUXERIMOS VER ESTE VIDEO QUE REALIZOU UN COLEXIO DE OURENSE.

 

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 7.

Continuamos coa expresión das emocións, esta vez, coa actividade 4 que vos explicamos a continuación:

 


 

A MUIÑEIRA

 

Ooola familia!!
Hoxe toca practicar os dous pasos da muiñeira que xa temos mirado na clase.
Ensaiade un pouquiño conmigo os pasos e despois podedes bailar con Uxía Lambona, que tamén anda polo video que vos mando.
Un biquiño moi grande, meus valentes!!

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 8.

Hoxe rematamos a fase de expresión de emocións coa actividade "opinando ando".

Trátase de que conversedes en familia sobre o que sentides e opinades sobre as cuestións que vos plantexa un presentador da televisión que observaredes na seguinte imaxe interactiva:

 


 

LETRAS GALEGAS. ACTIVIDADE E. INFANTIL

Hoxe presentamos dúas actividades para facer durante o mes de maio.
A primera vai para Ed. Infantil que consistirá nun debuxo inspirado no conto "As pitas baixo a choiva".


Unha vez rematedes a actividade podedes enviar a foto do debuxo ao seguinte correo belprofe65@gmail.con.
Os que participedes... "AGASALLO SEGURO"
Darémolo encantad@s cando volvamos á escolá de novo.

 

 

 

LETRAS GALEGAS. ACTIVIDADE E. PRIMARIA

Esta actividade para  Ed. Primaria consiste en ilustrar un verso ou estrofa o poema de Ricardo Carballo Calero, "María silencio".


Unha vez rematedes a actividade podedes enviar a foto do debuxo ao seguinte correo belprofe65@gmail.con.
Os que participedes... "AGASALLO SEGURO"
Darémolo encantad@s cando volvamos á escolá de novo.

 

MARÍA SILENCIO


Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua angúria fala con olladas.

Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?
¿polo dia non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

Maria Siléncio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos
fluen rios de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...

Maria Siléncio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na água
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.

Maria do Mar, ¿qué barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lua fria?

O sol é un porco-espiño disfarzado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,
darei-cho eu, raiolante e mollado.

¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!

¿A qué afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?

Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz?
¿As ondas do mar levado roubaron-cha?

De chúvia e vento vestida,
Maria Siléncio, calada...

Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)



by Dr. Radut