Durante o primeiro trimestre, cada aula traballou o valor da amizade mediante a curtometraxe "Monsterbox".
@s nen@s de Ed. Infantil elaboraron unhas casiñas para meter palabras de amizade que escribiron @s alumn@s de Primaria. Estas palabras están repartidas polo colexio para que, quen queira, poda coller unha.
Xa chegou o Nadal a Solanas e para demostralo aquí vos deixamos a decoración da entrada na que colaboraron tod@s, mestres, mestras, coidadora e nenos e nenas.
O pasado luns, 4 de decembro, visitou o nosos centro o escritor e ilustrador Anxo Fariña, presentando o seu novo libro "A chave da Atlántida". Dela poideron disfrutar o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
Esta visita está incluída nas actividades do proxecto "Faro da escola" organizado polo Faro de Vigo.