CRITERIOS PROECEDEMENTO NA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Orde do 6 novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de  máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos dependentes desta Conselleríano curso 20/21. DOG nº230 do 13.11.2020

 

- Quen ten dereito á axuda? Alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial.

 

- Quen NON ten que presentar solicitude? O alumando que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21.

 

- Quen SI ten que presentar solicitude? As nais, pais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída no o curso 20/21 que cumpra algunha destas condicións:

 

- Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

 

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

- Alumnado matriculado en educación especial.

 

- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

- Pazo de presentación da solicitude: Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no DOG, 10 días hábiles, é decir do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

- Solicitude: Preséntase unha única solicitude por familia para tod@s os fill@s matriculad@s no mesmo centro.

 

- Documentación complemetaria: Deberedes achegar xunto co anexo I a documentación que se sinala na solicitude. Non será necesario achegar documentación complementaria se xa se fixo xunto coa solicitude de material escolar para o curso 20/21.

 

- Presentación: Unicamente de forma presencial PREVIA SOLICITUDE DE CITA no centro.

AnexoTamaño
AnuncioG0598-061120-0002_gl DOGA MÁSCARA.pdf608.65 KB
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa MÁSCARA.pdf136.44 KB