Música

VISITA DE CE ORQUESTRA PANTASMA

Na súa páxina web descubrimos que "baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu".

Aquí tedes diferentes momentos da actuación, coa que tanto gozamos que decidimos por fotos e un vídeo que o amosa. Moitas grazas!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO DE XAVIER BLANCO

O CEIP Seara contou esta mañá coa presenza de Xavier Blanco, todo un referente dentro da música tradicional galega, director da Escola Obradoiro de Música Tradicional de Moaña.
O alumnado de Seara tivo a sorte de poder escoitar a este músico e investigador, que lles achegou a tradición musical galega da man de instrumentos como a gaita de cana, a percusións, os intrumentos pobres...

Tamén presentou como novidade unha segunda parte acústica, querendo salientar así o feito de que calquera instrumento tradicional galego pódese acompañar de calquera outro instrumento, como foi neste caso, da guitarra, da man de Salvador Meira, facendo que o alumnado e o profesorado gozase das melodías e ritmos dunha zona de tan grande riqueza musical como é Moaña.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Se non te queres perder nada...

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30