Curso escolar 2023-2024
Enviado por admin o Mar, 19/04/2022 - 09:30
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
CURSO 2024/2025
Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).
BENEFICIARIOS: alumnado de Educación Primaria matriculado no curso 2024/2025 en centros sostidos con fondos públicos.
MODALIDADES:
-
Fondo Solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
* O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria , ao estar acollidos ao programa E-DIXGAL, non terán libros de texto.
* O alumnado que vaia facer 1º de ESO, tamén se acollerá a esta modalidade e deberá tramitalo no instituto aínda que o noso centro lle facilitará o impreso.
-
Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
-
Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria.
CONTÍAS DAS AXUDAS:
-
Fondo Solidario de libros de texto: non terá contía económica. Prestaránselle os libros existentes no banco de libros do centro.
-
Axudas para adquirir libros de texto:
-
240€: renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.
-
160€: renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.
-
-
Axudas para adquirir material escolar:
-
75€: renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.
-
60€: renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.
-
REQUISITOS:
-
Fondo Solidario de libros de texto: ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2023/2024 ou do fondo de libros do colexio, de ser o caso, antes do 21 de xuño de 2024.
-
Axudas para adquirir libros de texto: ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (Renda de 2022).
-
Axudas para adquirir material escolar: ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (Renda de 2022)
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: ata o 21 de xuño do 2024 (este incluído).
PROCEMENTO: a través das seguintes maneiras:
-
Presencial: presentando o Anexo I e Anexo II debidamente asinados e acompañados da documentación precisa na secretaría do centro e no horario de atención ás familias (a partires das 13:30 todos os días).
-
Telemática: a través da aplicación “FondoLibros” empregando os formularios Anexo I e Anexo II (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-
Solicitude: Anexo I -modelo ED330B.
-
Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
-
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
*En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
-
Documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
-
Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
-
Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
-
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
-
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
* En calquera caso, esta documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
BECAS ACNEAE
2024-2025
A partires do 30 de abril ata o 13 de setembro, pódese solictar a beca para aquel alumnado que cumpla algún dos seguintes requisitos:
- Discapacidade.
- Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
- Trastorno do espectro autista.
- Altas capacidades.
Tedes toda a información no seguinte enlace.
Adxuntamos a convocatoria e o extracto desta.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS
(CURSO 2024/2025)
A listaxe definiva do novo alumnado atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro.
O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
En xuño publicaremos na páxina web a relación de documentación que será necesario presentar así como o procedemento.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS
(CURSO 2024/2025)
A listaxe provisional do novo alumnado atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
O novo alumnado que desexe comezar os seus estudos no CEIP SEARA deberá presentar neste centro ou a través da aplicación "admisión alumnado", a súa solicitude de admisión DOCUMENTO ED550B.
Polo tanto, a presentación de solicitudes será única e poderase presentar das seguintes maneiras:
· Forma electrónica: cubrir os formularios na aplicación “admisionalumnado” e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e adxuntalo coa solicitude (anexo II).
· Forma presencial: descargar os formularios da aplicación “admisionalumnado” da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), da páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.gal/) ou recollelos no centro para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.
O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte DOCUMENTACIÓN:
· Documento do libro de familia onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
· Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
· Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.
· Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
O prazo de presentación vai dende o 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.
NORMATIVA VIXENTE:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
CENTROS ADSCRITOS:
E.E.I. DE VERDUCEDO ESTÁ ADSCRITA AO CEIP SEARA.
A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO É A ZONA DELIMITADA POR:
· RÚA RAMÓN CABANILLAS.
· RÚA CONCEPCIÓN ARENAL.
· RÚA MÉNDEZ NÚÑEZ.
· SABACEDA.
· BROULLÓN.
· PARADELA.
· A MARRÚA.
· REDONDO.
· ROSAL.
SERVIZOS OFERTADOS
· TRANSPORTE ESCOLAR
DECRETO 160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
DECRETO 65/2014, de 28 de maio, polo que se modifica o Decreto160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos detransporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
· COMEDOR ESCOLAR
DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.
· PLAN MADRUGA
Xestionado pola Federación de ANPAS de Moaña.
Horario: 07:00h - 09:15h.
ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Todo o alumnado da EEI Verducedo que fixo reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025, está admitido.
A listaxe pode consultarse no taboleiro de novas no interior do colexio.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/2025
Xa está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de Educación Primaria poida reservar praza no noso centro adscrito, o IES A PARALAIA.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
As solicitudes poderán presentarse a través dalgunha das seguintes opcións:
1. Aplicación ADMISIONALUMNADO: Solicitudes> Reserva>Crear.
Para esta opción, será necesario cubrir a solicitude na aplicación, descargala, asinala e entregala no noso centro.
2. Formato papel: o alumnado poderá recoller no colexio o Anexo para cumprimentar na casa e entregalo de volta.
3. Sede electrónica: para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
CURSO 2023/2024
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).
BENEFICIARIOS: alumnado de Educación Primaria matriculado no curso 2023 /2024 en centros sostidos con fondos públicos.
MODALIDADES:
-
Fondo Solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
* O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria , ao estar acollidos ao programa E-DIXGAL, non terán libros de texto.
* O alumnado que vaia facer 1º de ESO, tamén se acollerá a esta modalidade e deberá tramitalo no instituto aínda que o noso centro lle facilitará o impreso.
-
Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
-
Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria.
CONTÍAS DAS AXUDAS:
-
Fondo Solidario de libros de texto: non terá contía económica. Prestaránselle os libros existentes no banco de libros do centro.
-
Axudas para adquirir libros de texto:
-
240€: renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.
-
160€: renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.
-
-
Axudas para adquirir material escolar:
-
75€: renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€.
-
60€: renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.
-
REQUISITOS:
-
Fondo Solidario de libros de texto: ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2022/2023 ou do fondo de libros do colexio, de ser o caso, antes do 21 de xuño de 2023.
-
Axudas para adquirir libros de texto: ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (Renda de 2021).
-
Axudas para adquirir material escolar: ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (Renda de 2021)
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: ata o 21 de xuño do 2023 (este incluído).
PROCEMENTO: a través das seguintes maneiras:
-
Presencial: presentando o Anexo I e Anexo II debidamente asinados e acompañados da documentación precisa na secretaría do centro e no horario de atención ás familias (a partires das 13:30 todos os días).
-
Telemática: a través da aplicación “FondoLibros” empregando os formularios Anexo I e Anexo II (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-
Solicitude: Anexo I -modelo ED330B.
-
Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
-
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
*En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
-
Documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
-
Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
-
Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
-
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
-
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
* En calquera caso, esta documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS
(CURSO 2023/2024)
A listaxe definiva do novo alumnado atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro.
O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
En xuño publicaremos na páxina web a relación de documentación que será necesario presentar así como o procedemento.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS
(CURSO 2023/2024)
A listaxe provisional do novo alumnado atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
O novo alumnado que desexe comezar os seus estudos no CEIP SEARA deberá presentar neste centro ou a través da aplicación "admisión alumnado", a súa solicitude de admisión DOCUMENTO ED550B.
Polo tanto, a presentación de solicitudes será única e poderase presentar das seguintes maneiras:
· Forma electrónica: cubrir os formularios na aplicación “admisionalumnado” e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e adxuntalo coa solicitude (anexo II).
· Forma presencial: descargar os formularios da aplicación “admisionalumnado” da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), da páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.gal/) ou recollelos no centro para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.
O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte DOCUMENTACIÓN:
- Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.
O prazo de presentación vai dende o 1 ao 20 de marzo de 2022, ambos incluídos.
NORMATIVA VIXENTE:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
CENTROS ADSCRITOS:
E.E.I. DE VERDUCEDO ESTÁ ADSCRITA AO CEIP SEARA.
C.E.I.P. SEARA ESTÁ ADSCRITO AO IES PLURILINGÜE A PARALAIA.
A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO É A ZONA DELIMITADA POR:
· RÚA RAMÓN CABANILLAS.
· RÚA CONCEPCIÓN ARENAL.
· RÚA MÉNDEZ NÚÑEZ.
· SABACEDA.
· BROULLÓN.
· PARADELA.
· A MARRÚA.
· REDONDO.
· ROSAL.
SERVIZOS OFERTADOS
·
TRANSPORTE ESCOLAR
DECRETO 160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
DECRETO 65/2014, de 28 de maio, polo que se modifica o Decreto160/1988, de 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos detransporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
·
COMEDOR ESCOLAR
DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.
·
PLAN MADRUGA
Xestionado pola Federación de ANPAS de Moaña.
Horario: 07:00h - 09:15h.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024
Xa está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de Educación Primaria poida reservar praza no noso centro adscrito, o IES A PARALAIA.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
As solicitudes poderán presentarse a través dalgunha das seguintes opcións:
-
Aplicación ADMISIONALUMNADO:
Solicitudes> Reserva>Crear
Para esta opción, será necesario cubrir a solicitude na aplicación, descargala, asinala e entregala no noso centro.
-
Formato papel: o alumnado poderá recoller no colexio o Anexo para cumprimentar na casa e entregalo de volta.