A día de hoxe aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo. Por exemplo, sabías que non existen dúas personas autistas iguais? ou que non hai rasgo físico visíbel que sexa identificativo de que unha persoa é autista? A falta de información, os mitos e as imaxes estereotipadas que vemos en series ou películas non axudan a entender o autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer, comprender e apoiar.
O día 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Nós aportamos o infinito colectivo á campaña. #AutismoCercaDeTi #DíaMundialAutismo
Picando nesta ligazón podedes atopar información para axudar a levar esta mensaxe máis lonxe.
Álbum: CURSO 2023/24 -> TEA