Skip to Content

 

                           

Outubro 2022

SAMAÍN

Un ano máis, celebramos o Samaín

Disfrazados, bailamos e fixemos actividades varios todos xuntos no salón de actos.  Pasámolo de medo!

Este ano, tamén houbo merendas tenebrosas. 

Graciñas a todas as familias! 

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Samaín

Visita de Anxo Moure

Esta semana tivemos a visita de Anxo Moure que nos falou de convivencia, igualdade, medio ambiente... 

Os nenos xa vedes que o pasaron xenial!

Álbum: CURSO 2022/23 -> Anxo Moure

Samaín 5º Educación Infantil

Benvid@s ao samaín da aula de 4 anos. 

Estes días gozamos un montón das actividades relacionadas con esta temática (letras, números, debuxo, contos, merendas terroríficas ...).

Deixamos unha pequena mostra nestes collages.

Ciencia divertida

A pasada semana, todos os cursos de Infantil e Primaria tivemos a sorte de poder asistir aos talleres sobre ciencia divertida. 

Pasámolo tan ben que xa estamos desexando repetir! 

Proxecto "O Mar" 5º Educación Infantil

O pasado venres os nenos de 4 anos tivemos unha visita moi especial.

Como nos atopamos aprendendo cousiñas sobre os animais do mar pedimos ás familias a súa colaboración para investigar o animal do mar que nos tocou para as rutinas da asemblea.

E tivemos a fortuna que Paula ten de mascota na casa o animal que lle tocou investigar, a tartaruga. O venres trouxoa de visita ao cole e aprendimos moitas cousas, encantounos pasar o día na súa compañía.

 

E así de fantástica está quedando a nosa investigación, estamos aprendendo moitísimas cousas.

Moitas grazas familias.

 

Comezamos! Proxecto "O Mar" 5º Educación Infantil

Os nenos de 4 anos comezamos novo curso cun novo proxecto sobre o mar. Estamos moi ilusionados con esta nova aventura.

O monstro das cores deixounos algunha cousiña para comezar esta nova andanza.

 

E, por suposto, as nosas familias están aportando moitos materiais para as nosas investigacións. Moitísimas grazas.

O primeiro que estivemos facendo nestes primeiros días foi observando e coñecendo o noso planeta e experimentando coa auga.

Mirade o mar que creamos dentro dunha botella. Xa temos cada un de nós o noso pequeno mar.

E, ademais, descubrimos os estados nos que pode estar a auga e convertémola en preciosos peixes de cores para pintar. 

Pouquiño a pouco iremos descubrindo máis cousas e seguirémosvos informando.

 

 



by Dr. Radut