Skip to Content

Celebración do Entroido

Case sen rematar o Día da Paz xa nos metemos de cheo noutra celebración: o Entroido.

Este curso está condicionado polo tema do proxecto da biblioteca; a Inteculturalidade. Nos imos desvelar de que vai disfrazado todo o mundo, xa que hai algunha que outra sorpresa, pero sí que imos publicar o programa para o venres 8 de febreiro:

- En torno ás 12:15h comezará o desfile de disfraces polo patio. Será o momento no que os pais/nais poderán ver aos seus fillos e incluso poderán facer fotos de grupo xa que está prevista unha parada para tal efecto (ao máis puro estilo do cine, o denominado "photocall", xa castelanizado en "fotocol")

- Ás 12:45h faremos un desfile acompañado de festa no pavillón soamente para os alumnos (os pais non poderán asistir). Os alumnos de 5 anos e os de 2º, 4º e 6º traerán postres típicos do Entroido; esta medida tomouse para evitar que sobre moita comida. (O vindeiro curso traerán os postres o resto do alumnado)

- Ás 13:45h os alumnos volverán ás aulas acompañados polas súas titoras. Os pais recollerán aos nenos coma de costume, ás 14h no lugar habitual.



page | by Dr. Radut