Skip to Content

Listaxes do alumnado de terceiro de primaria

Debido ao desdobre que tivemos que facer en terceiro de primaria refixemos os grupos de alumnado.

Para levar a cabo a reestruturación, empregamos os seguintes criterios:

- Repartir de xeito equitativo o alumnado con necesidades entre as tres aulas.

- Que a proporción de alumnado dos antigos grupos A e B fose proporcional en cada un dos tres novos grupos creados.

- Que a proporción entre nenos e nenas fose equilibrada nos tres grupos.

- Que cada alumno/a tivera compañeiros/as de referencia con afinidade.

A bo seguro que haberá familias que non estean satisfeitas ao 100% coa restruturación, pero iso sucedería con calquera outro sistema elixido para facer o reparto. Podedes crer que este resultado foi froito de longas reflexións e análises pola nosa parte pensando que facemos o mellor para os vosos fillos/as.

AdxuntoTamaño
Listas_terceiro.pdf34.01 KB


page | by Dr. Radut