Skip to Content

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO 20/21

No día de hoxe foi publicada a Orde que regula as axudas para material escolar e libros de texto de cara ao curso 20/21 para o alumnado de primaria.

Podedes consultar a convocatoria no seguinte enlace

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

A modo resumo:

- O prazo estará aberto dende mañá ata o 19 de xuño.

- Ante esta situación complexa e para garantir un bo servizo, presentamos dúas opcións para solicitar as axudas:

1. Presentación na sede electrónica da Xunta, (procedemento ED330B)

2. Presentación no colexio. Neste segundo caso unicamente teriades que vir firmar a solicitude e traer a documentación esixida, para iso debedes chamar con anterioridade ao 886151191, onde vos pediremos un par de datos para cubrir a vosa solicitude e imprimila.

É importante que empreguedes ese teléfono deste xeito non bloquearemos o número habitual de atención ao público. Haberá un alto número de solicitudes, polo que é posible que en ocasións a liña esté ocupada, polo que pedimos paciencia e comprensión.

 



page | by Dr. Radut