Skip to Content

CITA PREVIA PARA REALIZAR XESTIÓNS

Ante a reapertura do colexio para trámites administrativos o vindeiro luns, día 11 de maio, e co fin de evitar situacións de risco innecesarias, pregamos que para realizar calquera xestión no colexio soliciten cita previa. Garantimos que todas as demandas serán atendidas e trataremos de adecuarnos, sempre que sexa posible, ao horario solicitado polo demandante.

Os números de contacto para solicitar a cita son o 886151190 e o 886151191.

O persoal do centro tomará as medidas de protección individual aconselladas para garantir a vosa seguridade e tamén a propia.

Estamos convencidos de que o sentido común colectivo fará que consigamos realizar todos os trámites necesarios sen problema e coa maior normalidade posible dentro desta situación tan estraña.

Agradecemos a súa colaboración.



page | by Dr. Radut