Skip to Content

INSTRUCIÓNS TERCEIRO TRIMESTRE

No día de hoxe foron publicadas as Instrucións para o terceiro trimestre na Comunidade Autónoma de Galicia. Ese documento fixa os parámetros a seguir polos centros educativos nesta difícil situación. Para acceder ao enlace das mesmas premede aquí.

Pola nosa parte, elaboramos un documento simplificado para as familias que podedes ver máis abaixo como adxunto a esta publicación.

Queremos agradecer unha vez máis o clima de colaboración que estamos a conseguir na comunidade educativa do Ceip San Tomé, e que ten coma único obxectivo minimizar o máximo posible o prexuício desta situación.

Todas as novas que se vaian producindo seguirémolas publicando aquí e pola mensaxería de abalarmóbil

AdxuntoTamaño
Terceira avaliación familias.pdf51.59 KB


page | by Dr. Radut