Skip to Content

INICIO DO PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO (CURSO 2020/2021)

Infórmase de que do 1 ao 23 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza no Ceip San Tomé de cara ao vindeiro curso 2020/21.

Pode pasar pola secretaría do colexio de 9h a 14h de luns a venres e de 16h a 19h os martes, tanto para recoller o impreso como para entregar a documentación, tamén pode descargalo no seguinte enlace:

Impreso de admisión.

A maiores, é preciso entregar a seguinte documentación:

- Documento acreditativo da idade da alumna/o (DNI ou libro de familia)- Sentencia xudicial ou convenio regulador (de ser o caso)- Certificado oficial do expediente académico (en caso de admisión en 4º de infantil -3 anos- non é necesario)

Tamén pode realizar os trámites directamente na aplicación admisionalumnado.

Informamos de que este ano as listaxes non poderán ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indicou, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.

As vacantes para o curso 2020/2021 son:

 

Curso Num. prazas ofertadas Num. permanencias Vacantes
4º Inf. 50 0 50
5º Inf. 50 32 18
6º Inf. 50 50 0
1º Pri. 50 43 7
2º Pri. 50 27 23
3º Pri. 50 51 0
4º Pri. 50 44 6
5º Pri. 50 49 1
6º Pri. 50 40 10

 



page | by Dr. Radut