Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

VISITA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA A FP INNOVA 2023

O pasado venres 24 de marzo de 2023 o alumnado de 5 aºe 6º de Educación Primaria acudiu a Santiago de Compostela para visitar o Congreso de Innovación na Formación Profesional ubicado na Cidade da Cultura.

FP Innova 2023 trátase da quinta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

O congreso contou cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que o alumnado puido coñecer:

  A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 40 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
 
  A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de proxectos que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.  
 
 

A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

 

O alumnado obtivo unha boa experiencia e disfrutaron moitísimo vendo e participando nos diferentes proxectos.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut