Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

SAÍDA DE 6º DE PRIMARIA A SANTIAGO

O alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o CIFP Politécnico de Santiago e a Cidade da Cultura o pasado mércores 15 de marzo de 2023 e esto é o que opinan os nenos/as despois da saída:

 

Gustoume moito ver a impresora 3D facendo unhas letras¨- comenta Julia

- ¨Encantoume ver unha foto impresa en 3D e poder distinguir a imaxe a través da luz¨- di Valery

- " A min gustoume moito ver o taller de Toyota porque me encanta moito o mundo do motor¨- comenta Alex

O que máis me gustou foi o taller de robótica porque había un robot que che entregaba bolígrafos el só¨ - di Nerea.

- " Impresionoume ver os laboratorios de microbioloxía e todos os materiais que empregan no día a día¨- comenta Lía.

- ¨Deixoume pensativo o proxecto das prantas de como se reproducían¨- afirma Hugo.

- ¨A min chamoume a atención unha máquina na que se podía deixar sen luz a toda unha zona e volvela a activar mediante un botón¨ - di Amaya.

- ¨Interesoume as impresoras 3D porque me gustaría facer cousas elaboradas con elas¨- comenta Aroa.

- ¨Gustoume o laboratorio de química porque me resultou moi fascinante ver as cousas que alí había¨- di Mateo.

- ¨ O que máis me gustou foi o taller de madeira porque me gusta facer esculturas de madeira¨- di Emma.

 

Todos/as coincidimos en que nos gustaría repetir esta experiencia polo que a recomendamos a todo o mundo.

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut