Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

blogue deadmin

Punto Laranxa

Xa está a disposición do alumnado o Buzón Laranxa.

Esta ferramenta permite comunicar ao centro as posibles incidencias e conflictos entre os alumnos para así evitar posibles casos de bulling ou acoso escolar.

Para enviar os vosos comentarios/denuncias tédelo dispoñible na pantalla principal, na barra lateral dereita, abaixo de todo.

Rogamos a vosa colaboración e responsabilidade nos comentarios que fagades. 

The origin of Halloween

EN. Last Friday we celebrated Halloween and Samaín at school. For this reason, the English Department has prepared with 5th and 6th grades students a video for letting you know the origin of Halloween and the cultural traditions. Friday was the spookiest day of the year and we had some much fun! Here you have the video!

GAL. O venres pasado celebramos na escola a festa de Halloween e do Samaín. Por este motivo, o Departamento de Inglés e o alumnado de 5° e 6° preparamos un vídeo para explicarvos a orixe e as tradicións culturais da festa de Halloween. O venres foi o día máis terrorífico do ano e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos o vídeo!

 

Carreira solidaria "La vuelta al cole"

Aquí vos deixamos máis información sobre a carreira solidaria que terá lugar o venres 28 ás 15h.  Recordade inscribirvos, en conserxería, as familias que tamén queredes participar , entre o xoves 20 e o venres 21. A volta será arredor do centro escolar. 

Nós xa estamos inscritos, agora tócavos a vós familias.

Animádevos!

https://www.lavueltaalcole.com/?utm_source=google&utm_medium=display&utm...

English and Art Project: Women in Art

Hello!
O ano pasado rematamos o curso cun proxecto de Arte e o rol das mulleres neste eido. Que novos proxectos nos agardarán este curso? 

Stay tuned! 

St. Patrick´s Day

Hoxe 17 de marzo celebramos o día de San Patricio na escola e aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos. 

Parte meteorolóxico 11-13 de marzo

Achegámosvos o parte meteorolóxico desta fin de semana para que poidades planificar as actividades a realizar. 

https://drive.google.com/file/d/1UfobTo2URHEo5Rf_NsRuNyZyZn1vM273/view?u...

Entroido!

Deixámosvos un pequeno video onde podedes ver o ben que o pasamos este venres. Recordade que ainda queda festa e festa,  e o día 4 de marzo temos unha cita pendente pola rúa.

Agardámosvos!

A mellor sopa do mundo está no Valadouro!

Cada 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e nós, este venres, fixemos a mellor sopa da paz. Todos os cursos entregaron o seu ingrediente para a mesma e os/as de 6° encargáronse de cociñala. Quedou moi moi sabrosa!

Logo, os/as máis peques do cole interpretaron a canción "A mellor sopa do mundo" con linguaxe de signos.

Foi unha velada moi fermosa que vos deixamos por aquí por se a queredes ollear.

https://youtu.be/sOa-YJ6-O4o

Mensaxe para o xeriátrico

Gústavos a mensaxe que enviamos á residencia de maiores? Fixémola con moito moito cariño!

                             

 

 

Festival de Nadal e visita a Papá Noel

Aquí vos deixamos o festival de Nadal para que gocedes en familia da actuación dos vosos pequenos e pequenas. Tamén podedes ver algunhas fotos deles con Papá Noel no seguinte enlace: https://youtu.be/lBAC-17mOH4

 Bo Nadal, vémonos á volta!!                

       

Distribuir contido


by Dr. Radut