Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Día internacional da muller 8 de marzo

Este ano con motivo da celebración do 8M fixemos un abecedario de mulleres pioneiras. Cada clase traballou tres delas e así de chulo nos quedou. Que vos parece?


Día internacional da muller 8 de marzo

Parte meteorolóxico 11-13 de marzo

Achegámosvos o parte meteorolóxico desta fin de semana para que poidades planificar as actividades a realizar. 

https://drive.google.com/file/d/1UfobTo2URHEo5Rf_NsRuNyZyZn1vM273/view?u...

Entroido!

Deixámosvos un pequeno video onde podedes ver o ben que o pasamos este venres. Recordade que ainda queda festa e festa,  e o día 4 de marzo temos unha cita pendente pola rúa.

Agardámosvos!

SOLICITUDE DE MATRÍCULA

No seguinte documento está recollida a documentación necesaria para a solicitude de matrícula para o vindeiro curso 2022-2023.

O prazo de presentación é dende o 1 ao 21 de marzo.

ANEXO II (NOVO).

Este anexo é o que hai que entregar!

É máis doado cumprimentar o anexo a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/SolicitudeLomLoeAdmision-inicial.action?OWASP_CSRFTOKEN=1Y6B-O6MJ-ZFGN-07D5-FTQ7-TSL1-QH8F-8UF3

A mellor sopa do mundo está no Valadouro!

Cada 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e nós, este venres, fixemos a mellor sopa da paz. Todos os cursos entregaron o seu ingrediente para a mesma e os/as de 6° encargáronse de cociñala. Quedou moi moi sabrosa!

Logo, os/as máis peques do cole interpretaron a canción "A mellor sopa do mundo" con linguaxe de signos.

Foi unha velada moi fermosa que vos deixamos por aquí por se a queredes ollear.

https://youtu.be/sOa-YJ6-O4o

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

RESERVA DE PRAZA DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEREBIRO.

Reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria para o centro adscrito, neste caso o IES Alfoz-Valadouro.

Reserva de praza on-line no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action Imprimir e entregrar no colexio.

Impreso en papel para cumprimentar e presentar no colexio no seguinte documento adxunto: ED550A-G_0-1.pdf

 

SOLICITUDES DO 1 AO 21 DE MARZO.

Reserva de praza no Ceip Plurilingüe Santa María do Valadouro.

Pódese presentar a través da aplicación ou ben de xeito manual.

Cumprimentarase na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Descargar e cumprimentar o ANEXO II e ademais traer fotocopia do libro de familia.

 

 

MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Formalización da matrícula para todo aquel alumnado admitido.

 

 

ENTREGA CESTA NADAL

O alumnado de 6º de E. P sorteaba unha cesta de Nadal para recaudar fondos para a excursión e aqui podedes ver a entrega á persoa agraciada!!

 

 

Mensaxe para o xeriátrico

Gústavos a mensaxe que enviamos á residencia de maiores? Fixémola con moito moito cariño!

                             

 

 

Festival de Nadal e visita a Papá Noel

Aquí vos deixamos o festival de Nadal para que gocedes en familia da actuación dos vosos pequenos e pequenas. Tamén podedes ver algunhas fotos deles con Papá Noel no seguinte enlace: https://youtu.be/lBAC-17mOH4

 Bo Nadal, vémonos á volta!!                

       

ACTIVIDADES INGLÉS FIN DE TRIMESTRE

Dende o Departamento de Inglés realizamos múltipes actividades lúdicas para poñer fin a este primeiro trimestre. Xogamos, traballamos en equipo, fixemos estacións de aprendizaxe e xincanas.

Pasámolo xenial e repasamos todo o aprendido como máis nos gusta, xogando!

Vémonos á volta.

BOAS FESTAS, MERRY CHRISTMAS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut