Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Charlas sobre acoso escolar e novas tecnoloxías. PLAN DIRECTOR.

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, consta de charlas na que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Hoxe no centro, o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria recibiu unhas charlas sobre as novas tecnoloxias nas que se explicou os perigos das redes socias asi como tamén dos videoxogos. Por outra banda, recibiron ademais información sobre o acoso escolar e como debemos actuar tanto se somos nós os acosados como si o é algún dos nosos compañeiros ou compañeiras.

Moitas gracias pola vosa colaboración en dar visibilidade a problemas que están tan presentes na nosa sociedade e poder ter ferramentas de como enfrentalos.

 

MECD. BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

O PRAZO DE SOLICITUDES É DO 19 DE MAIO AO 30 DE SETEMBRO DE 2022.

Pincha no seguinte enlace para ver toda a información:

Becas e axudas para alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023. ALUMNADO DE EP. PRAZO DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO.

 


ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria  obrigatoria  e  educación  especial  en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  para  o  curso  escolar  2022/23  (código  de  procedemento  ED330B).

 

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 19 DE MAIO A 22 DE XUÑO de 2022.

 

  • A solicitude PÓDESE CUMPRIMENTAR:
    • De xeito manual, recollendo modelo en conserxería do centro ou descargando o: ANEXO I e ANEXO II.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.

 

  • A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA para todos os fillos e fillas para o curso 2022-2023 e servirá para:

 

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Educación Primaria pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

 

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Para o alumnado de 1º e 2º de E.P.

 

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS

Alumnado de 3º de E.P. Neste curso cambiaranse os libros de 3º de E.P. Estes serán adquiridos polo centro para aquelas solicitudes ás que lle corresponda por renda segundo a listaxe definitiva de adxudicación.

Alumnado de 4º de E.P. O centro dispón da totalidade dos libros de 4º E.P. Para poder optar a este fondo é requisito presentar a solicitude.

ALUMNADO DE 5º E 6º E.P

O centro participa no programa EDIXGAL polo que o alumnado de 5º e 6º de E.P disporá de cadanseu portatil.

Asemade as familias do alumnado de 5º e 6º E.P poderán presentar a solicitude para obter axudas para a adquisición de material escolar no caso de corresponderlle por renda.

 

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2021/2022, así como os libros emprestados no curso 2021-2022, agás o alumnado de 1º e 2º de E.P que non terá que realizar a devolución.

 

Cadro resume de adxudicacións

 

Charlas sobre o Xistral

O xoves 19 de maio visitáronnos ao colexio unha das persoas que se encarga de levar adiante o proxecto LIFE IN COMMON LAND, no que se transmite a importancia dos usos tradicionais na conservación dos hábitats da Zona Especial de Conservación Serra do Xistral.

As charlas foron dirixidas ao alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria co obxectivo de aprender máis sobre a nosa contorna, achegarnos a ela e asi valorala e respectala.

E ademais derónlles un obsequio para cada un dos asistentes o cal agradecemos. 

Grazas por visitarnos e ata a próxima!

 

LUNS 16 DE MAIO NON HAI CLASE

O vindeiro luns 16 de maio é dia non lectivo polo que NON haberá clase.

PIRAGÜISMO

O pasado xoves 5 de maio visitounos o adestrador Cabodevila para adentrar ao mundo do piragüismo ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria xa que é un deporte do que pouco sabemos e do que... os mellores piragüistas son galegos!

Os rapaces e rapazas estiveron atentos e prantexaron cuestións moi interesantes polo que BRAVO!

 

 

RESOLVENDO IMPOSIBLES

O venres 8 de abril tivemos unha visita especial no noso colexio. A visita dun mago!! Non era un mago calquera, non traia capa nin sombreiro pero viña cargado de moitos trucos de maxia xeniais baixo as súas mangas.

Ensinounos como as matemáticas son imprescindibles á hora de facer trucos de maxia! Si si as matemáticas! E que é certo iso de que... as matemáticas están en todas partes!

Os obradoiros foron moi entretidos á vez de divertidos. Pasámolo xenial!

 

St. Patrick´s Day

Hoxe 17 de marzo celebramos o día de San Patricio na escola e aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut