Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Visita da Escola de Música de Lourenzá

Hoxe todo o alumnado de infantil e primaria tivo a visita da Escola de Música de Lourenzá no Salón de Actos da Casa da Cultura na que ensinaron diferentes tipos de instrumentos e dos cales se puido escoitar como soaban da man do director da Escola.

 

O LUNS 31 DE OUTUBRO NON HAI CLASE

O luns 31 de outubro de 2022 é o Día do Ensino polo que este día non haberá clase.

"Uno entre cien mil"

"Uno entre cien mil"

Carreira solidaria "La vuelta al cole"

Aquí vos deixamos máis información sobre a carreira solidaria que terá lugar o venres 28 ás 15h.  Recordade inscribirvos, en conserxería, as familias que tamén queredes participar , entre o xoves 20 e o venres 21. A volta será arredor do centro escolar. 

Nós xa estamos inscritos, agora tócavos a vós familias.

Animádevos!

https://www.lavueltaalcole.com/?utm_source=google&utm_medium=display&utm...

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.

AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO PRESENTE CURSO PODERÁN PASAR A RECOLLER UN VALE COMPLEMENTARIO DE 25€ A PARTIRES DO MARTES 18 DE OUTUBRO NO CENTRO.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

PAGAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR

Pagamento a través do Espazo Abalar. Os impresos de pagamento estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de acudir ao centro para obtelos. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que os suxeitos que empreguen este sistema non terán que presentar xustificante algún no centro, pero sí dar aviso do día que se fixo o pago. Para efectuar o pago por esta vía hai que entrar en Espazo Abalar por web, non serve a aplicación móbil. A ruta a seguir é: espazo abalar - acceso aos servizos - espazo familias - ver alumno - servizos complementarios – comedor - CIXTEC. Para empregar esta vía é preciso ter DNI electronico ou certificado dixital.

 

 

 

 

CHARLA SOBRE O MEL

Hoxe o alumnado de primaria asistiu á Casa da Cultura do Concello para participar nunha charla sobre o mel, un produto natural e fresco.

Durante a charla puideron coñecer que en Galicia gozamos dunha flora rica e variada que permite a produción de mel de diferentes sabores, texturas e paladares. A maioría do mel é de milflores.

Para rematar obsequiáronnos cun boteciño de mel xunto cun lapis, goma, regra e afialapis.

Estupenda experiencia!

 


REUNIÓN COAS FAMILIAS O LUNS 3 DE OUTUBRO DE 2022

CURSO

HORA

LUGAR

4º INFANTIL

 

 

16:15

 

 

 

 

COMEDOR

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

 

16:30

6º PRIMARIA

5º INFANTIL

6º INFANTIL

 

A CONTINUACIÓN CADA TITOR/ IRÁ COAS FAMILIAS DO SEU CURSO PARA A AULA, AGÁS OS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE XA TIVO A SÚA REUNIÓN INICIAL.

 

English and Art Project: Women in Art

Hello!
O ano pasado rematamos o curso cun proxecto de Arte e o rol das mulleres neste eido. Que novos proxectos nos agardarán este curso? 

Stay tuned! 

Distribuir contido


by Dr. Radut