Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a.
  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

 

 

Nos casos anteriores a instancia deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.

 

MATRÍCULA. 20 A 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula do alumnado admitido.

 

Obradoiros de heráldica

O venres 25 de novembro o alumnado de 3° a 6° de Educación Primaria tivo a oportunidade de participar dende o centro nun taller sobre heráldica  organizado por un equipo pertencente ao Instituto do Padre Sarmiento co obxectivo de que coñecesen a súa orixe e significado: como surxe, como se foi desenvolvendo co tempo e como poder deseñar un escudo de armas propio seguindo as reglas básicas da heráldica.

O taller comezou cunha breve explicación de forma amena e entretida sobre a súa orixe e a dos diferentes elementos que o representan e o por que: cores, formas, figuras… E despois cada neno e nena creou o seu propio escudo familiar xogando coas formas e símbolos comúns da heráldica: animais, castelos, plantas...todo aquelo que se lles ocurrira, imaxinación ao poder!

Foron uns talleres moi entretidos á vez de divertidos nas que o alumnado participou activamente e no que amosou un gran interese.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebramos o 25N

No colexio celebramos o 25N dando lectura a un precioso conto inventado polo alumnado de 3° e 4° de primaria " As gafas Carolina". Este conto fou representado polo alumnado de 5° e 6° de primaria quenes empregaron unhas fermosas marionetas elaboradas con calcetíns e con moita imaxinación polos nenos e nenas de infantil. 

 

 

 

 

 

CHARLA FORMATIVA SOBRE A RECICLAXE

O xoves 24 de novembro o alumnado dende 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria recibiu no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello unha charla formativa da man de SOGAMA sobre a importancia da sostibilidade e sobre distinguir onde hai que botar cada residuo co obxectivo de coidar o noso planeta.

Eleccións dos representantes dos pais/nais e titores legais do alumnado para ser membro do Consello Escolar

O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 17 de novembro.

 

Modelos a disposición no centro educativo.

 

Corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais/titores legais do alumnado polo que cada elector fará constar na súa papeleta un máximo de dous nomes dos candidatos presentados.

 

As votacións realizaranse neste centro o luns 28 de novembro de 16:10 a 19 horas.

 

Exhibición de Break Dance

Hoxe mércores 9 de novembro acudiu ao centro Jaime, monitor de Break Dance, da man da ANPA para facer unha pequena demostración tanto ao alumnado de infantil como ao alumnado de primaria deste baile tan divertido.

Os nenos e nenas pasárono xenial xa que disfrutaron moito intentando imitar os pasos que Jaime lles ensinaba.

Mostra diso son as seguintes imaxes...

 

 

 

 

 

 

Videoconferencia sobre Educación Sexual

O martes 8 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha videoconferencia con Miguel, médico séxologo, como adianto da súa visita ao centro que será o vindeiro mes de xaneiro.

Durante a videoconferencia, Miguel explicou ao alumnado a importancia da autonomía persoal e do importante que é que nos respectemos.

 

 

Celebramos o magosto

O venres 4 de novembro celebramos o magosto no colexio comendo unhas ricas castañas e xogando todos xuntos.

The origin of Halloween

EN. Last Friday we celebrated Halloween and Samaín at school. For this reason, the English Department has prepared with 5th and 6th grades students a video for letting you know the origin of Halloween and the cultural traditions. Friday was the spookiest day of the year and we had some much fun! Here you have the video!

GAL. O venres pasado celebramos na escola a festa de Halloween e do Samaín. Por este motivo, o Departamento de Inglés e o alumnado de 5° e 6° preparamos un vídeo para explicarvos a orixe e as tradicións culturais da festa de Halloween. O venres foi o día máis terrorífico do ano e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos o vídeo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut