Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu hoxe unhas charlas informativas/formativas sobre o acoso escolar e as novas tecnoloxías as cales están emmarcadas dentro do Plan Director. Estas charlas teñen como obxectivo a de mellorar a convivencia e a seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Foron impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA A FP INNOVA 2023

O pasado venres 24 de marzo de 2023 o alumnado de 5 aºe 6º de Educación Primaria acudiu a Santiago de Compostela para visitar o Congreso de Innovación na Formación Profesional ubicado na Cidade da Cultura.

FP Innova 2023 trátase da quinta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

O congreso contou cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que o alumnado puido coñecer:

  A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 40 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
 
  A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de proxectos que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.  
 
 

A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

 

O alumnado obtivo unha boa experiencia e disfrutaron moitísimo vendo e participando nos diferentes proxectos.

 

 

 

 

Premio de DELEITE

Polo Día da Poesía, o 21 de marzo, o centro participou nun dos sorteos da marca de leite DELEITE e na que fomos agasallados co seguinte premio: un lote de 2 libros.

SAÍDA DE 6º DE PRIMARIA A SANTIAGO

O alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o CIFP Politécnico de Santiago e a Cidade da Cultura o pasado mércores 15 de marzo de 2023 e esto é o que opinan os nenos/as despois da saída:

 

Gustoume moito ver a impresora 3D facendo unhas letras¨- comenta Julia

- ¨Encantoume ver unha foto impresa en 3D e poder distinguir a imaxe a través da luz¨- di Valery

- " A min gustoume moito ver o taller de Toyota porque me encanta moito o mundo do motor¨- comenta Alex

O que máis me gustou foi o taller de robótica porque había un robot que che entregaba bolígrafos el só¨ - di Nerea.

- " Impresionoume ver os laboratorios de microbioloxía e todos os materiais que empregan no día a día¨- comenta Lía.

- ¨Deixoume pensativo o proxecto das prantas de como se reproducían¨- afirma Hugo.

- ¨A min chamoume a atención unha máquina na que se podía deixar sen luz a toda unha zona e volvela a activar mediante un botón¨ - di Amaya.

- ¨Interesoume as impresoras 3D porque me gustaría facer cousas elaboradas con elas¨- comenta Aroa.

- ¨Gustoume o laboratorio de química porque me resultou moi fascinante ver as cousas que alí había¨- di Mateo.

- ¨ O que máis me gustou foi o taller de madeira porque me gusta facer esculturas de madeira¨- di Emma.

 

Todos/as coincidimos en que nos gustaría repetir esta experiencia polo que a recomendamos a todo o mundo.

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO PILABOT

Recaudamos un total de 111 kg de pilas!

Moitas gracias familias por colaborar!

gracias | Emoticons emojis, Funny emoji, Funny emoji faces

Participamos no programa Pilabot

Xa fai uns meses que comezamos coa recollida de pilas no centro xa que estamos a participar na campaña escolar de reciclaxe Pilabot organizada pola Xunta de Galicia.

 

A importancia de facer orientación para a FP nos últimos cursos de primaria

Algúns estudios indican a necesidade de realizar unha información e orientación profesional nos cursos do 3º ciclo de primaria.

O alumnado do noso centro realizará nos vindeiros días varias visitas didacticas na que, os nenos e nenas de 6° de primaria especialmente, poderán observar as diferentes actividades que se desenvolven noutras etapas educativas e que en breve poderán elixir.

 

Pincha no seguinte enlace para ler a noticia completa onde se trata este tema:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2023/02/18/eugenia-perez-directora-xeral-fp-ultimos-cursos-primaria-orientacion-fp/00031676732897198577999.htm

 

8 de marzo, día da muller

ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO NO VALADOURO

Comezamos o día cun desfile por algunhas das rúas de Ferreira para amosar os/as orgullosos/as que ían os alumnos/as cos seus disfraces.

 

 

Rematamos o desfile facendo unha parada diante a Residencia dos Maiores onde todos bailamos seguindo os pasos do alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

 

Despois do desfile dirixímonos cara o polideportivo para tomar un chocolate e comer un rico biscoito.

 

 

Rematamos o día vendo a película de Río 2.

 

Pasámolo xenial!

 

Grazas a todos/as por acudir ao desfile!

 

 

 

 

 

Vacacións de Entroido

Desfrutade dos días de Entroido! Vémonos o xoves 23 de febreiro!

 

Pensade durante estes días se o Meco merece ser queimado ou non....

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut