Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Enquisa de diagnose da convivencia 2021

Esta enquisa ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

A través da seguinte ligazón poderedes entrar na enquisa co código que se vos facilitará dende o centro a vindeira semana.

https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Aproveitade estes días para pasear, ler, escoitar música, xogar...

Vémonos o martes 6 de abril!

GINKANA DE PASCUA

Xogandoe como mellor o pasamos asi que decidimos rematar o trimestre facendo unha ginkana.

O alumnado de infantil tivo que superar 3 probas: construir nha torre con bloques, manter o equilibrio camiñando por unha corda e facer un puzzle.

Por outra banda, o alumnado de primaria tivo que superar un total de 7 probas: bailar, o teléfono estropeado, facer un puzzle, o xogo dos balóns, salto á corda, adiviñar sons e adiviñar profesións a través da mimica. 

E... para rematar había unha sorpresa agardando! Un ovo de chocolate! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DA APALPADORA

Onte recibimos a visita de Antía e André, que tras percorrer pequenos recunchos de toda Galicia, fixeron unha paradiña no noso Val para amosarnos a través dos seus contos, cantigas e cancións o valor do rural.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVO AUTONÓMICO, 19 DE MARZO

O venres, 19 de mazo, non haberá clase ao ser festivo autonómico.

A NOSA HOMENAXE ÁS MULLERES DAS NOSAS VIDAS

Este ano quixemos facer unha humilde homenaxe ás mulleres das nosas vidas, unha homenaxe feita con moito cariño e respecto na que todo o alumnado participou decorando o nome da súa nai ou da súa avoa, madriña...

E como non!  Como fai uns días celebramos o Día de Rosalía pois tamén a tivemos presente ao ser unha gran loitadora e que vivíu moitos atrancos na súa vida por ser escritora e muller.

 

 

PAGAMENTO TELEMÁTICO DO COMEDOR

Os documentos de pago do comedor os proporcionará o centro como se fixo ata o de agora.

Unha vez que se teña o documento pódese pagar de xeito telemático seguindo as instruccións que se

amosan no seguinte enlace: https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?id=53017.

AVISO: é probable que cobren unha comisión de 0,60 céntimos por dita operación.

Día de Rosalía de Castro. 24/02/2021

Neste vídeo que presentamos a continuación podedes ver o traballo que se foi desenvolvendo aula por aula e tendo como fío condutor o día de Rosalía e o seu poema "Parece unha rosa".

GRACIAS POR DEFENDERNOS ROSALÍA!!!

 

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO!!!

Ete ano no colexio celebramos o Entroido dun xeito diferente... mirade, mirade!

O máis imortante foi que o pasamos xenial!

 

DETECTADO UN CASO POSITIVO POR COVID-19 (23-02-2021)

Infórmase de UN novo caso positivo por COVID-19, o cal non xera contactos estreitos no centro e polo que ninguén se ve afectado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut