Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022

Deben entregar no centro o anexo II o cal está dispoñible en conserxería ou ben se pode descargar e cubrir a través do seguinte ficheiro.

CALCULADORA SIMULACIÓN PREZOS DO COMEDOR 

Prazo de entrega ata o 8 de xullo.

CALENDARIO ESCOLAR 21/22

VER ORDE DO 19 DE MAIO DE 2021

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210604/AnuncioG0598-210521-0001_gl.pdf

 

INICIO DO CURSO E DO COMEDOR: 10 de setembro ao ser o día 9 festivo local.

REMATE DO CURSO E DO COMEDOR: 22 de xuño

 

VACACIÓNS:

- NADAL: 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos os dous inclusive.

- ENTROIDO: 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo.

- SEMANA SANTA: 11 ao 18 de abril ambos os dous inclusive.

 

DÍAS NON LECTIVOS:

- DÍA DO ENSINO: 11 de outubro.

- DÍA NON LECTIVO: Pendente

- OS FESTIVOS DICTADOS POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA; E DA XUNTA DE GALICIA.

Festa fin de curso 2020/21

Chegou o fin do curso escolar 2020/21, unha nova etapa marcada polo Protocolo Educovid no que aos centros educativo atinxe e que unha vez superado, valoramos moi positivamente a adaptación da comunidade educativa a todas estas medidas, as cales, posibilitaron rematar o curso sen incidencias.

Para celebrar este punto e seguido da ampla maioría de alumnado, a ANMPA organizou no centro unha xornada enteira de xogos para o alumnado de infantil e primaria.

Así infantil ía pasando e alternando as tres actividades propostas que consistían nun taller de tatuaxes con purpurina, uns xogos e coreografías musicais , ademais de pasar polos inchables.

Primaria tiña un obradoiro de manualidades, uns xogos de precisión (xogo da ra, encestar aros nos conos), os esquís múltiples e tamén os catro inchables diferentes que estaban instalados no poli.

Con un sistema de rotación e tempo determinado, todos e todas disfrutaron dun día de diversión e entretemento moi ben estruturado.

preme aquí para ver fotos da festa

 

 

CAMIÑA OU VAI EN BICI ATA A ESCOLA

Estas derradeiras semana do mes de maio continuamos con plan do alumnado de Primaria " Camiña ou en bici ata a escola" co obxectivo de mostrarlle á rapazada que tanto camiñando como na bici, poden acudir ao centro diariamente, sempre poñendo por diante a seguridade nos desprazamentos  en función do tipo de percorrido.

Isto potenciará  unha autonomía necesaria, maior activade física cotiá, favorecer o transporte non contaminante e uns hábitos de vida saudable moi recomendables para o futuro.

A semana anterior foron camiñatas a lugares simbolicos do Concello do Valadouro, a igrexa da Casela e ao Pozo da Onza, rutas de 5 e 10 km resoectivamente, obervando e descubrindo a natrureza que nos atopamos. 

Nesta, tocoulle a rutas en bici con distancias adaptadas a cada curso, con axuda de mestres e protección civil. Visita das parroquias anexas ao centro e explorar os distintos camiños do entorno.

Durante a semana, nas sesións de EF e recreos, prácticas previas, exercicios sobre a bici e estratexias para ir en grupo.

Para máis información, visiten os enlaces e vexan as fotos para deducir. 

NOTA: facer clic nos enlaces para ver fotos.

 

 

CAMIÑATA                        BICI

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

ORDE do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria  obrigatoria  e  educación  especial  en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  para  o  curso  escolar  2021/22  (código  de  procedemento  ED330B).

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

 

A solicitude pódese cumprimentar de xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través da seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11492459

 

 

A solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2021-2022:

 

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 

Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2020/2021, así como os libros emprestados no curso 2020-2021, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.

 

 

 

OBRADOIRO DE DEBUXO CON LEANDRO LAMAS

O venres 14 de maio tivemos a sorte de que o ilustrador Leandro Lamas nos fixera unha visita ao noso cole para ensinarnos a debuxar a partir de trazos sinxelos os cales foron tomando forma e sentido pouco a pouco.

 

 

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS

 Nestes vídeos explicamos como alumnado do cole que son as letras galegas, o seu significado para nós, o por que da súa celebración e quen é a escritora homenaxeada este ano. Por ela e por todos nós que reivindicamos a nosa lingua sen xenreira, disfrutemos do noso idioma!!

Todo sobre Xela Arias neste enlace : http://seminariogalan.org/inicio/2021/documentos

EDUCACIÓN SEXUAL

Hoxe o alumnado e 5º e 6º de educación primaria recibiu unhas charlas sobre Educación Sexual a cargo de Estefania e Miguel, médicos e sexólogos, nas que trataron o tema da sexualidade con moita naturalidade e tendo como pilar fundamental o afecto.

Dende o centro quixose contribuir á formación integral e desenvolvemento persoal do alumnado ofrecéndolles coñecementos para a súa saúde, benestar e dignidade.

As charlas foron dinámicas e entretidas polo que dende aqui queremos agradecerlles a súa labor.

 

 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do libro decidimos facer un intercambio de libros entre o alumnado co seu grupo-clase, para iso trouxéronse libros da casa que xa se leran.

Agora eses libros teñen un novo dono e agardamos que os disfruten! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut