O venres 4 de febreiro, os alumnos e alumnas de segundo de Primaria visitaron o Acuarium finisterrae de A Coruña. Acompañados polos seus titores, partiron dende Boiro ás 8:45 horas para seren recibidos no acuarium ás 10:30 polos monitores correspondentes que os ían adentrar no mundo dos ecosistemas mariños.