Dependencias

Dependencias

   O edificio consta de: Planta baixa e dous andares. No curso 98/99 créase un novo anexo para acoller ós/ás nenos/as de Infantil e, ademais, refórmase o edificio inicial  suprimíndolle as barreiras arquitectónicas existentes e creando novos servicios ( ascensor, servicio de minusválidos, rampla de acceso....).

DISTRIBUCIÓN

PLANTA BAIXA: Alberga as seguintes dependencias:

  • Despachos Administrativos: Dirección,  Secretaría e Xefatura de Estudios..
  • Sala de profesores.
  • Aula que escolariza alumnos de primaria (antigua ludoteca)
  • Sala de máquinas (encanutilladora, fotocopiadora, multicopista)
  • Conserxería e vivenda do conserxe. Esta comunícase na súa entrada co patio do Colexio.
  • Dependencias da APA.
  • Almacén de  productos de limpeza.
  • Aula de música.
  • Espacio curas (botiquín, camilla).
  • Zona laboratorio fotográfico e outros usos.

1º ANDAR: Ubícanse as seguintes dependencias: 

  • 8 aulas (2 delas de Educación Infantil, por falta de espacio no edificio onde se imparte dita especialidade)
  • Biblioteca
  • Laboratorio: funciona como comedor escolar, como aula obradoiro de ed. Infantil que ten habilitado un espacio como aula de pedagoxía terapéutica.
  • Aula de Pedagoxía Terapéutica
  • Aula de Informática.
  • Aula de Audición e Linguaxe.
  • Departamento de Orientación
  • Cuarto da limpeza.
  • Servicios para alumnos/as
  • Servicios para profesores.
  • Servicio de minusválidos

As aulas de Audición e Linguaxe, Orientación e dúas aulas de Primaria (2º C e 2ºB) xunto co servicio de minusválidos pertencen a este andar despois da nova reforma do edificio inicial. Este acceso consta de escaleira con “saída de emerxencia”, que comunica co patio.

2ºANDAR: Conta coas seguintes dependencias:

  • 10 aulas.
  • Cuarto de baño para nenos.
  • Cuarto de baño para nenas (lugar por  onde se accede ó faiado).
  • Aseos para mestres

PATIO: Consta de:  

  • Patio pechado, en parte cuberto con acceso ós servicios de nenos/as, e noutra parte descuberto.
  • Pistas Polideportivas.
  • Ximnasio.
  • Polideportivo.
  • Horto, Invernadoiro e Xardinería.

A través do patio comunícanse os edificios de Infantil e Primaria.

Na parte de adiante está a zona de aparcamento de automóbiles.

Powered by Drupal - Design by artinet