CEIP San Martiño
|
Informámoslles que segundo a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:
· Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
· Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Primaria.
· Axudas para material: todo o alumnado de Primaria.
Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:
HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO. O horario será de 10:00h a 11:00h de luns a venres. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 20 de maio) e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído). INFORMACIÓN IMPORTANTE. Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I)a seguinte documentación:
Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro. REQUISITO IMPRESCINDIBLE PARA A PARTICIPACIÓN.
|
As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establecen aqueles aspectos organizativos e académicos necesarios para o adecuado desenvolvemento, no terceiro trimestre do curso 2019/2020.
Ditas instrucións indican que os centros educativos adaptarán as programacións didácticas ás circunstancias actuais, centrando as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberán desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, desenvolvendo actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
Poden vostedes consultar as Adaptacións das Programacións Didácticas do centro, correspondentes ao 3º trimestre nas seguintes ligazóns:
O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará e rematará co período de matrícula, é dicir do 1 de xullo ao 10 de xullo de 2020. A solicitude é presencial neste centro educativo e, con ela, deberedes adxuntar obrigatoriamente o Anexo I e o volante de empadroamento, que poderedes descargar no archivo adxunto. |
Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión en 4º de Educación Infantil foi admitido no CEIP San Martiño. Para aqueles que fixeran a solicitude electrónica pódese consultar na aplicación de admisionalumnado. Para aqueles que fixeran a solicitude de forma presencial, a lista atópase publicada no taboleiro de anuncios dentro do colexio, polo que para consultalo deberán personarse no centro, ou, no seu defecto chamar por telefóno. O prazo de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de xullo en horario de 10 a 12h. Deberedes traer:
O impreso para formalizar a matrícula será facilitado nese mesmo momento na secretaría do centro. |
Todo o alumnado do CEIP San Martiño que presentou solicitude de reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester, teñen a praza confirmada.
|
NORMATIVA REGULADORA
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012). Orde do 12 de marzo do 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013).
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de admisión para o todos os cursos académicos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo ambos os dous incluídos. IMPORTANTE: Neste curso académico amplíase o prazo para entregar o impreso cuberto na secretaría do centro ata o luns 23 de marzo, por ser os días 19 e 20 de marzo non lectivos nos centros de Pontevedra cidade (na sede electrónica o prazo pecha o día 20 de marzo).
IMPRESO DE SOLICITUDE
O impreso (ANEXO II da Orde do 12/03/2013) será facilitado gratuitamente no centro en horario de secretaría (de 9:30h a 10:20h) ou na conserxería do mesmo. Tamén se pode descargar da páxina web da Consellería de Educación ou pinchando na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/4anexos_formateados_ed550b_c_1.pdf
Para máis información acerca do proceso de admisión, poden pinchar na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858
ÁREA DE INFLUENCIA
ÁREAS LIMÍTROFES
Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Carballeira, CEIP de Cabanas, CEP de Campolongo, EEI Concepción Crespoo Rivas, CEIP Froebel. Non se consideran zonas limítrofes o Concello de Poio nin o de Vilaboa.
MAPAS ZONIFICACIÓN PONTEVEDRA
Para consultar os mapas das diferentes zonas de influencia dos centros do Concello de Pontevedra, pinche na seguinte palabra MAPAS.
CENTROS ADSCRITOS
O CEIP San Martiño está adscrito ao IES Gonzalo Torrente Ballester.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Transporte escolar O centro conta con dúas liñas de autobuses: A RUTA 1, que abrangue as paradas da Avenida de Fernández Ladreda e o lugar de A Ruibal. A RUTA 2, que conta con paradas nos lugares de Carballo do Pazo, Carramal, Campo da Porta, San Blas (Lavadeiro de Carrefour), Fontesanta, Praza de Paco Leis, Rosalía de Castro (Chalets marinos), Mollabao (Peluquería Laura Martínez), José Malvar e Poboado de Celulosas.
SOLICITUDE: Para obter unha praza no servizo de autobús deberá solicitarse entre o 20 de xuño e o 31 de agosto de cada ano. Comedor Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 14:30h a 16:30h.
Plan Madruga Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 07:45h a 09:30h, con ou en almorzo.
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE
|
VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2020- 2021
|
Do 1 ao 15 de febreiro comeza a reserva de praza para o Instituto adscrito, que no noso centro é o IES Gonzalo Torrente Ballester. O prazo neste caso é ampliado ata o luns 17 de febreiro por ser o último día inhábil (Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común). Para facer a reserva cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:
INFORMACIÓN IMPORTANTE: O alumnado que non reserve praza no cento adscrito no prazo establecido, perderá os seus dereitos sobre a mesma. Aquel que teña intención de continuar os seus estudos noutro diferente ao IES Gonzalo Torrente Ballester, non pode facer reserva de praza. Deberán presentar a solicitude de admisión noutro centro cando se abra o prazo establecido para elo.
Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro en horario de 9:30h a 10:20h de luns a venres.
|
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |