CEIP San Martiño

 

Admisión de alumnado

En relación co proceso de admisión en centros públicos para o curso 2024-25, o día 25 de abril de 2024 publicouse a listaxe definitva de admitidos/as (pode consultarse nas instalación do centro educativo), resultando admitido todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP San Martiño.

Máis información no arquivo adxunto.

 

Todo o alumnado do CEIP San Martiño que presentou solicitude de reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester para o curso escolar 2024-2025, teñen a praza asignada.

Lembrámoslles que deberán formalizar a súa matrícula no prazo establecido pola ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro entre o 23 de xuño e o 07 de xullo. Dentro deste período legalmente establecido, o IES fixará as datas correspondentes para a formalización de matrícula co obxectivo de axilizar o procedemento administrativo e optimizar a súa organización. As devanditas datas faranse públicas nos taboleiros do centro e na páxina web do IES Gonzalo Torrente Ballester: https://www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester/

 

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

 

NORMATIVA REGULADORA

Orde do 21 de outubro de 2022  (DOG do 08 de novembro de 2022).

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

 O prazo de admisión para o todos os cursos académicos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo ambos os dous incluídos. 

IMPRESO DE SOLICITUDE 

- O impreso (ANEXO II da Orde do 21/10/22) será facilitado gratuitamente no centro en horario de secretaría (de luns a xoves de 9:30h a 10:20h e o venres de 13:35 a 14:25) ou na conserxería do mesmo.  Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. 

- Tamén é valido cubrila solicitude na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude (OPCIÓN RECOMENDADA). 

- A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro.

 

ÁREA DE INFLUENCIA

• Avenida Manuel del Palacio ( beirarrúa sur).

• Avenida María Victoria Moreno ( beirarrúa sur).

• Avenida de Vigo ata Bibiano Fernández Osorio Tafall.

• Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa norte).

• Pintor Virxilio Blanco ( beirarrúa oeste).

• Pintor Urbano Lugrís ( beirarrúa norte) dende Pintor Virxilio Blanco.

• Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa ( Salcedo) e o Xistro, estando estes incluídos na área de influencia e deixando Matalobos ao outro lado, quedando excluído.

• Quedan incluídos neste perímetro os lugares das parroquias de Salcedo, chamados: A Almuiña, A Igrexa (Salcedo), A Ruibal (Salcedo), O Xistro, O Carballo do Pazo.

• Adicionalmente quedan excluídas a Avda. Rosalía de Castro (dende a intersección coa ponte da autoestrada AP-9) e a súa prolongación pola carreteira PO-546 cara Marín (ata límite do Concello) (beirarrúa oeste) e Pontemuíños.

 

ÁREA LIMÍTROFE

 Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Carballeira, CEIP de Cabanas, CEP de Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas, CEIP Plurilingüe Froebel. Non se consideran zonas limítrofes o Concello de Poio nin o de Vilaboa.

  

CENTROS ADSCRITOS

 O CEIP San Martiño está adscrito ao IES Gonzalo Torrente Ballester.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 

Transporte escolar

O centro conta con tres liñas de autobuses:

A RUTA 1, que abrangue as paradas da Avenida de María Victoria Moreno e o lugar de A Ruibal.

A RUTA 2 que conta con paradas nos lugares de Carballo do Pazo, Carramal, Campo da Porta, San Blas (Lavadeiro de Carrefour), Fontesanta, Praza de Paco Leis, Rosalía de Castro (Chalets marinos e Peluquería Laura Martínez), Carretera de Marín e Pontemuíños.

 

SOLICITUDE: Para obter unha praza no servizo de autobús deberá solicitarse entre o 20 e o 30 de xuño. Para o alumnado remitido pola comisión de escolarización o prazo estenderase ata o 31 de agosto de cada ano.

Comedor

Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 14:30h a 16:30h.

 

Plan Madruga

Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 07:45h a 09:30h, con ou en almorzo. 

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN

Se no CEIP San Martiño houbese que baremar por existir mais solicitudes de admisión que vacantes, o criterio complementario de admisión  será o seguinte:

Se a renda da familia é inferior a 0,5 veces o IPREM, a familia solicitante pasará de ter tres puntos a ter catro.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

• Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A presentación de solicitudes de admisión en varios centros dará lugar a unha infracción que penalizarase coa perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Ademais, neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa.

• Será ineficaz aquela solicitude na que se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada. Neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa.

• Aqueles alumnos e alumnas que teñen garantía de permanencia no noso centro, se presentasen solicitude de admisión noutro centro distinto deberán comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (este é o caso de todos os alumnos que xa están cursando estudos no noso centro, agás os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria).

• Aqueles alumnos e alumnas que teñen reservada praza no IES Torrente Ballester, se presentasen solicitude de admisión noutro Instituto, deberán comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

• No caso de ter que baremar nalgún dos cursos ofertados, pedirase ás familias a documentación acreditativa das circunstancias alegadas para o baremo no prazo comprendido entre o 21 de marzo e o 3 de abril.

• Publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos o 25 de abril e as definitivas o 15 de maio.

O Prazo para formular reclamacións será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

• O período de matrícula dos/as nenos/as admitidos/as é do 20 ao 30 de xuño.

As solicitudes de admisión deberán estar asinadas polos dous proxenitores/as.

 

 

 

 

VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2024- 2025

 

Vacantes Educación Infantil CEIP San Martiño

NIVEL

NÚMERO PRAZAS OFERTADAS

NÚMERO DE PERMANENCIAS

VACANTES ESTIMADAS

 

4º Educación Infantil

20

0

17 +3

5º Educación Infantil

25

16

4

6º Educación Infantil

25

15

1

Vacantes Educación Primaria CEIP San Martiño

NIVEL

NÚMERO PRAZAS OFERTADAS

NÚMERO DE PERMANENCIAS

VACANTES ESTIMADAS

1º Educación Primaria

25

18

2

2º Educación Primaria

25

24

0

3º Educación Primaria

25

9

10

4º Educación Primaria

25

24

0

5º Educación Primaria

25

24

0

6º Educación Primaria

25

24

0

 

 

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025 

NORMATIVA REGULADORA

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN 

Do 15 de xaneiro de 2024 ao 5 de febreiro de 2024 é a data de reserva de praza para o Instituto adscrito, que no noso centro é o IES Gonzalo Torrente Ballester.

Para facer a reserva cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:

 

  • Cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro de orixe (CEIP San Martiño) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala.
  • Tamén é valido cubrila na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro educativo de orixe (CEIP San Martiño) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude. Non vos esquezades de asinala.
  • A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro educativo de orixe (CEIP San Martiño).

INFORMACIÓN IMPORTANTE: O alumnado que non reserve praza no cento adscrito no prazo establecido, perderá os seus dereitos sobre a mesma. Aquel que teña intención de continuar os seus estudos noutro diferente ao IES Gonzalo Torrente Ballester, non pode facer reserva de praza. Deberán presentar a solicitude de admisión noutro centro cando se abra o prazo establecido para elo.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro (886151541) en horario de 9:30h a 10:20h de luns a xoves e de 13:35h a 14:25h os venres. Para entregar a documentación de forma presencial, seguirase o horario anterior.

Podedes descargar a solicitude nos documentos adxuntos e/ou recollela no centro educativo e ademais tedes unha guía para realizar a solicitude de xeito telemático.

 

 

Despois da valoración das diferentes solicitudes recibidas para o uso do transporte escolar, publícanse as listaxes de admitidos/as e exluídos/as neste servizo. Pódese consultar o documento no ficheiro adxunto.

PRAZO PARA SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR.

ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO

Este curso vaise a baremar de novo a todo o alumnado matriculado no centro, polo que todas as familias usuarias de transporte e aquelas que queren solicitalo por primeira vez, deben presentar solicitude.

O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará o próximo mércores 7 de xuño e rematará co fin do período de matrícula, é dicir o 30 de xuño de 2023. O horario será de luns a xoves de 09:30h a 10:20h. e os venres de 13:30h a 14:30h.

PRAZO PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO E PENDENDE DE MATRÍCULA

O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará e rematará co período de matrícula, é dicir do 20 ao 30 de xuño de 2023. O horario será de luns a xoves de 09:30h a 10:20h. e os venres de 13:30h a 14:30h.

IMPORTANTE.

A solicitude é presencial neste centro educativo e, con ela, deberedes adxuntar obrigatoriamente o Anexo I (que vos facilitaremos tamén no centro educativo) e o volante de empadroamento.

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no prazo ordinario no CEIP San Martiño foi admitido (Mais información no documento adxunto).

Para aqueles que fixeran a solicitude electrónica pódese consultar na aplicación de admisionalumnado.

Para aqueles que fixeran a solicitude de forma presencial, a lista atópase publicada no taboleiro de anuncios dentro do colexio, polo que para consultalo deberán personarse no centro, ou, no seu defecto chamar por telefóno.

O prazo de formalización de matrícula para as solicitudes en prazo ordinario é do 20 ao 30 de xuño en horario de 9:40h a 10:25h.

Deberedes traer:

  • 3 fotos tamaño carné do neno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI (pai, nai e neno/a se o tivese).

O impreso para formalizar a matrícula será facilitado nese mesmo momento na secretaría do centro.

 

IMPORTANTE SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR. Aquelas familias que soliciten transporte escolar, deberán traer unha fotocopia do volante de empadroamento (obrigatorio).

En relación co proceso de admisión en centros públicos para o curso 2022-23, o día 25 de abril de 2023 publicouse a listaxe provisional de admitidos/as (pode consultarse nas instalación do centro educativo), resultando admitido todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP San Martiño.

Máis información no arquivo adxunto.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

NORMATIVA REGULADORA

Orde do 21 de outubro de 2022  (DOG do 08 de novembro de 2022).

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

 O prazo de admisión para o todos os cursos académicos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo ambos os dous incluídos. 

IMPRESO DE SOLICITUDE 

- O impreso (ANEXO II da Orde do 21/10/23) será facilitado gratuitamente no centro en horario de secretaría (de luns a xoves de 9:30h a 10:20h e o venres de 13:35 a 14:25) ou na conserxería do mesmo.  Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. 

- Tamén é valido cubrila solicitude na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude (OPCIÓN RECOMENDADA). 

- A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro.

 

ÁREA DE INFLUENCIA

• Avenida Manuel del Palacio ( beirarrúa sur).

• Avenida María Victoria Moreno ( beirarrúa sur).

• Avenida de Vigo ata Bibiano Fernández Osorio Tafall.

• Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa norte).

• Pintor Virxilio Blanco ( beirarrúa oeste).

• Pintor Urbano Lugrís ( beirarrúa norte) dende Pintor Virxilio Blanco.

• Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa ( Salcedo) e o Xistro, estando estes incluídos na área de influencia e deixando Matalobos ao outro lado, quedando excluído.

• Quedan incluídos neste perímetro os lugares das parroquias de Salcedo, chamados: A Almuiña, A Igrexa (Salcedo), A Ruibal (Salcedo), O Xistro, O Carballo do Pazo.

• Adicionalmente quedan excluídas a Avda. Rosalía de Castro (dende a intersección coa ponte da autoestrada AP-9) e a súa prolongación pola carreteira PO-546 cara Marín (ata límite do Concello) (beirarrúa oeste) e Pontemuíños.

 

ÁREA LIMÍTROFE

 Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Carballeira, CEIP de Cabanas, CEP de Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas, CEIP Plurilingüe Froebel. Non se consideran zonas limítrofes o Concello de Poio nin o de Vilaboa.

  

CENTROS ADSCRITOS

 O CEIP San Martiño está adscrito ao IES Gonzalo Torrente Ballester.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 

Transporte escolar

O centro conta con tres liñas de autobuses:

A RUTA 1, que abrangue as paradas da Avenida de María Victoria Moreno e o lugar de A Ruibal.

A RUTA 2-3 (fusionadas na actualidade), que contan con paradas nos lugares de Carballo do Pazo, Carramal, Campo da Porta, San Blas (Lavadeiro de Carrefour), Fontesanta, Praza de Paco Leis, Rosalía de Castro (Chalets marinos e Peluquería Laura Martínez), Carretera de Marín e Pontemuíños.

 

SOLICITUDE: Para obter unha praza no servizo de autobús deberá solicitarse entre o 20 e o 30 de xuño. Para o alumnado remitido pola comisión de escolarización o prazo estenderase ata o 31 de agosto de cada ano.

Comedor

Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 14:30h a 16:30h.

 

Plan Madruga

Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 07:45h a 09:30h, con ou en almorzo. 

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN

Se no CEIP San Martiño houbese que baremar por existir mais solicitudes de admisión que vacantes, o criterio complementario de admisión  será o seguinte:

Se a renda da familia é inferior a 0,5 veces o IPREM, a familia solicitante pasará de ter tres puntos a ter catro.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

• Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A presentación de solicitudes de admisión en varios centros dará lugar a unha infracción que penalizarase coa perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Ademais, neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa.

• Será ineficaz aquela solicitude na que se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada. Neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa.

• Aqueles alumnos e alumnas que teñen garantía de permanencia no noso centro, se presentasen solicitude de admisión noutro centro distinto deberán comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (este é o caso de todos os alumnos que xa están cursando estudos no noso centro, agás os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria).

• Aqueles alumnos e alumnas que teñen reservada praza no IES Torrente Ballester, se presentasen solicitude de admisión noutro Instituto, deberán comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

• No caso de ter que baremar nalgún dos cursos ofertados, pedirase ás familias a documentación acreditativa das circunstancias alegadas para o baremo no prazo comprendido entre o 21 de marzo e o 3 de abril.

• Publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos o 25 de abril e as definitivas o 15 de maio.

O Prazo para formular reclamacións será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

• O período de matrícula dos/as nenos/as admitidos/as é do 20 ao 30 de xuño.

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.