CEIP San Martiño
Informámoslles que segundo a ORDE do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (ED330B), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:
Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:
HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO. O horario será de 9:30h a 10:20h de luns a xoves e de 13:35h a 14:30h os venres. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 21 de maio) e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído). INFORMACIÓN IMPORTANTE. Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I) a seguinte documentación:
OUTRA DOCUMENTACIÓN SE FOSE NECESARIO:
Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro en horario de 9:35 a 10:20h (886151541). ACLARACIÓNS. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24. REQUISITO IMPRESCINDIBLE PARA A PARTICIPACIÓN.
|
En relación co proceso de admisión en centros públicos para o curso 2024-25, o día 25 de abril de 2024 publicouse a listaxe definitva de admitidos/as (pode consultarse nas instalación do centro educativo), resultando admitido todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP San Martiño. Máis información no arquivo adxunto. |
Todo o alumnado do CEIP San Martiño que presentou solicitude de reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester para o curso escolar 2024-2025, teñen a praza asignada. Lembrámoslles que deberán formalizar a súa matrícula no prazo establecido pola ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro entre o 23 de xuño e o 07 de xullo. Dentro deste período legalmente establecido, o IES fixará as datas correspondentes para a formalización de matrícula co obxectivo de axilizar o procedemento administrativo e optimizar a súa organización. As devanditas datas faranse públicas nos taboleiros do centro e na páxina web do IES Gonzalo Torrente Ballester: https://www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester/
|
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
NORMATIVA REGULADORA Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08 de novembro de 2022). Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022)
PRAZO DE PRESENTACIÓN O prazo de admisión para o todos os cursos académicos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo ambos os dous incluídos. IMPRESO DE SOLICITUDE - O impreso (ANEXO II da Orde do 21/10/22) será facilitado gratuitamente no centro en horario de secretaría (de luns a xoves de 9:30h a 10:20h e o venres de 13:35 a 14:25) ou na conserxería do mesmo. Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. - Tamén é valido cubrila solicitude na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude (OPCIÓN RECOMENDADA). - A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro.
ÁREA DE INFLUENCIA • Avenida Manuel del Palacio ( beirarrúa sur). • Avenida María Victoria Moreno ( beirarrúa sur). • Avenida de Vigo ata Bibiano Fernández Osorio Tafall. • Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa norte). • Pintor Virxilio Blanco ( beirarrúa oeste). • Pintor Urbano Lugrís ( beirarrúa norte) dende Pintor Virxilio Blanco. • Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa ( Salcedo) e o Xistro, estando estes incluídos na área de influencia e deixando Matalobos ao outro lado, quedando excluído. • Quedan incluídos neste perímetro os lugares das parroquias de Salcedo, chamados: A Almuiña, A Igrexa (Salcedo), A Ruibal (Salcedo), O Xistro, O Carballo do Pazo. • Adicionalmente quedan excluídas a Avda. Rosalía de Castro (dende a intersección coa ponte da autoestrada AP-9) e a súa prolongación pola carreteira PO-546 cara Marín (ata límite do Concello) (beirarrúa oeste) e Pontemuíños.
ÁREA LIMÍTROFE Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Carballeira, CEIP de Cabanas, CEP de Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas, CEIP Plurilingüe Froebel. Non se consideran zonas limítrofes o Concello de Poio nin o de Vilaboa.
CENTROS ADSCRITOS O CEIP San Martiño está adscrito ao IES Gonzalo Torrente Ballester.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Transporte escolar O centro conta con tres liñas de autobuses: A RUTA 1, que abrangue as paradas da Avenida de María Victoria Moreno e o lugar de A Ruibal. A RUTA 2 que conta con paradas nos lugares de Carballo do Pazo, Carramal, Campo da Porta, San Blas (Lavadeiro de Carrefour), Fontesanta, Praza de Paco Leis, Rosalía de Castro (Chalets marinos e Peluquería Laura Martínez), Carretera de Marín e Pontemuíños.
SOLICITUDE: Para obter unha praza no servizo de autobús deberá solicitarse entre o 20 e o 30 de xuño. Para o alumnado remitido pola comisión de escolarización o prazo estenderase ata o 31 de agosto de cada ano. Comedor Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 14:30h a 16:30h.
Plan Madruga Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 07:45h a 09:30h, con ou en almorzo.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN Se no CEIP San Martiño houbese que baremar por existir mais solicitudes de admisión que vacantes, o criterio complementario de admisión será o seguinte: Se a renda da familia é inferior a 0,5 veces o IPREM, a familia solicitante pasará de ter tres puntos a ter catro.
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A presentación de solicitudes de admisión en varios centros dará lugar a unha infracción que penalizarase coa perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Ademais, neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa. • Será ineficaz aquela solicitude na que se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada. Neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa. • Aqueles alumnos e alumnas que teñen garantía de permanencia no noso centro, se presentasen solicitude de admisión noutro centro distinto deberán comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (este é o caso de todos os alumnos que xa están cursando estudos no noso centro, agás os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria). • Aqueles alumnos e alumnas que teñen reservada praza no IES Torrente Ballester, se presentasen solicitude de admisión noutro Instituto, deberán comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. • No caso de ter que baremar nalgún dos cursos ofertados, pedirase ás familias a documentación acreditativa das circunstancias alegadas para o baremo no prazo comprendido entre o 21 de marzo e o 3 de abril. • Publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos o 25 de abril e as definitivas o 15 de maio. O Prazo para formular reclamacións será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais. • O período de matrícula dos/as nenos/as admitidos/as é do 20 ao 30 de xuño. As solicitudes de admisión deberán estar asinadas polos dous proxenitores/as.
|
VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2024- 2025
|
|
Para consultar as Programacións Didácticas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria clicade nos documentos adxuntos.
Clica na imaxe ou descárgate o documento adxunto para consultar o Plan de Traballo da Coordinación de Benestar e Convivencia do CEIP San Martiño.
Despois da valoración das diferentes solicitudes recibidas para o uso do transporte escolar, publícanse as listaxes de admitidos/as e exluídos/as neste servizo. Pódese consultar o documento no ficheiro adxunto. |
PRAZO PARA SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR. ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO Este curso vaise a baremar de novo a todo o alumnado matriculado no centro, polo que todas as familias usuarias de transporte e aquelas que queren solicitalo por primeira vez, deben presentar solicitude. O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará o próximo mércores 7 de xuño e rematará co fin do período de matrícula, é dicir o 30 de xuño de 2023. O horario será de luns a xoves de 09:30h a 10:20h. e os venres de 13:30h a 14:30h. PRAZO PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO E PENDENDE DE MATRÍCULA O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará e rematará co período de matrícula, é dicir do 20 ao 30 de xuño de 2023. O horario será de luns a xoves de 09:30h a 10:20h. e os venres de 13:30h a 14:30h. IMPORTANTE. A solicitude é presencial neste centro educativo e, con ela, deberedes adxuntar obrigatoriamente o Anexo I (que vos facilitaremos tamén no centro educativo) e o volante de empadroamento. |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |