CEIP San Martiño

 

Fondo Solidario de libros de textos e axudas para material escolar 2023-24

 

 Informámoslles que segundo a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (ED330B), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. (O alumnado de 5º e 6º de E.P. está excluído no fondo solidario por participar no programa E-dixgal no curso 2023/2024
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria.

Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Non vos esquezades de asinala.

HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.

O horario será de 9:30h a 10:20h de luns a xoves e de 13:35h a 14:30h os venres.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 20 de maio) e rematará o día 21 de xuño de 2022 (este incluído).

INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I) a seguinte documentación:

  • Anexo II debidamente firmado por todos os membros computables da unidade familiar. Son membros computables da unidade familiar os seguintes:
  1. Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titora do alumnado.
  2. Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.
  3. Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados cando teñan modificada xudicialmente a súa capacidade xurídica mediante a constitución de curatela representativa ou cando estean suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida
  4. Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
  5. Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
  6. A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.
  • Copia do libro de familia (se non tivesen habería que entregar o volante ou certificado de convivencia)
  • Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

OUTRA DOCUMENTACIÓN SE FOSE NECESARIO:

  1. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  2. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  3. Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
  4. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  5. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro en horario de 9:35 a 10:20h (886151541).

ACLARACIÓNS. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2022/23. 

REQUISITO IMPRESCINDIBLE PARA A PARTICIPACIÓN.

  • É condición indispensable para participar no Fondo Solidario de libros de texto, devolver en bo estado os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2022/23. Quedan excluídos desta obriga o alumnado que cursou 1º ou 2º de primaria.
  • Para a devolución dos libros no centro informarase do procedemento a seguir.
AdxuntoTamaño
Orde 10 de maio de 2023 fondo libros e axudas.pdf1.16 MB
Anexos I e II Fondo Libros 2023.pdf1.61 MB
Punto Laranxa contra o acoso escolar


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.