EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Hoxe fomos de excursión a Ribeira Sacra, montamos en catamarán e visitamos o Mosteiro  de Santo Estevo e de San Pedro de Rocas. Foi unha experiencia diferente e pese a que o tempo non nos acompañou moito o feito de estar todos xuntos foi irrepetible.

GRADUACIÓN 2024

Queridas familias!

Hoxe foi un día moi moi especial… celebramos a graduación dos nenos e nenas, especialmente os que pasan para primeiro e os que se van ò instituto!!

Disfrutamos moitísimo desta reunión xuntos e acompañamos a Sara e Fran neste cambio de etapa e despedímonos de Sinaí, Javi e Andrés que marchan para o instituto… botarémosvos de menos amoriños!!!

Tamén despedimos a Nuria, a nosa directora e profe de inglés que se vai para outro cole… Nuria gracias por este tempo compartido, polas alegrías e polas preocupaciòns compartidas, non é un adeus, é un ata pronto!! Botarémoste de menos!

Deixàmosvos un vídeo cos momentos máis bonitos de hoxe, disfrutadeo moito!

 

Paula e a ciencia

O pasado Xoves tivemos unha visita moi especial, Paula, a mamá de Vera, veunos explicar un pouquiño como é o proceso integral da depuración das augas a tráves dun conto e un experimento a todo o alumnado do cole.

Foi unha experiencia xenial na que aprendimos moitas cousas que ata agora non nos houbésemos plantexado.

 

Cos resultado do experimento usamos a auga limpa para regar a nosa Horta e aprendimos que con pequenos xestos podemos contribuir a grandes cousas.

 

Moitísimas gracias por vir e compartir este tempo con nós Paula, encantounos estar contigo e esperamos que volvas pronto!!

V CAMPAÑA POLO MEDIO AMBIENTE: A CAZA DO LIXO EN SANDIÁS

Dende o PAI e o CEIP realizaremos dita iniciativa o Xoves día 6.
 
 
Grazas por ternos en conta nesta iniciativa! 

PICNIC

O pasado venres aproveitando o bo tempo fixemos un picnic cos nenos e nenas do PAI detrás do Centro Social. Foi unha experiencia moi positiva na que o alumnado de infantil lembrou e desfrutou un anaco das mestras do PAI e os peques do PAI disfrutaron e xogaron cos seus antigos compis. Repetiremos seguro! Grazas as educadoras do PAI e en especial a Cris pola acollida a todo o que lle propoñemos.

 

 

SEE YOU SOON, SIERRA

O venres 31 de maio foi o último día que estivo no colexio Sierra White, a nosa Auxiliar de Conversa. Todos os nenos e nenas lle fixeron debuxos e agasallos. Botarémoste de menos Sierra!!

 

 

PROXECTO SEMENTIÑAS

CONCURSO CARLOS CASARES

Hugo, Lara e Javi resultaron gañadores no concurso de debuxo baseado no libro "Toribio revluciona o tráfico" de Carlos Casares. Foron recoller o seu diploma o Día das Letras Galegas.

NORABOA AOS TRES !!!

 

 

Eva e Corre corre cabaciña

O venres pasado visitounos Eva, a mamá de Leo para lernos outro dos nosos contos favoritos, Corre corre cabaciña!

Disfrutamos moito moito da lectura e quedamos encantados de compartir con Eva un ratiño

Deixámosvos algunhas fotiños :)

 

 

Mil gracias por compartir o teu tempo connosco Eva! Esperamos verte pronto!!!

 

SEMENTIÑAS

O pasado venres viñeron ao colexio Kenia e Nuria, traballadoras do centro agrogandeiro (INORDE- Deputación provincial de Ourense) a ver os bancais e mesas que nos fixeron os traballadores do obradoiro de Carpintería do Concello de Sandiás para facer un proxecto sobre o Horto Escolar que levaremos a cabo conxuntamente coas compañeiras do PAI de Sandiás.

A idea principal e encher os bancais coa colaboracións das familias e unha vez cubertos comezar dous obradoiros un de sementeria, coidados e rego e outro sobre o compost.

Dende o CEIP e o PAI de Sandiás estamos moi ilusionados con este fermoso proxecto no que cada un puxo o seu graniño de area...

COMEZAMOS!

Distribuir contido