Paqui e Os chivos chivóns

Onte tivemos a bonita visita de Paqui, a tía de Sara e Kenia que nos veu ler outro dos nosos contos favoritos, Os chivos chivóns!!!

Encantounos compartir este ratiño con ela e desexamos que volva pronto!!

Deixámosvos unha selección de fotiños 

 

Gracias Paqui por compartir o teu tempo connosco, esperamos verte pronto!

 

 

Conmemoración 8 de Marzo en Sandiás

 

Os máis cativos do colexio fixeron unha actuación a todo o centro cunha canción reivindicativa do grupo Ourensan The Tetas' Vans. Puxéronlle moitas ganas.

 

 

O alumnado de Primaria tamén participou nunha actividade a cargo de tres educadores do CRD o Viso os que lle estamos moi agradecidos.

 

Analizaron e cambiaron a letra dunha copla galega transformandoa posteriormente nunha cantiga bonita e eliminado todo tipo de vocabulario machista. Foi unha experiencia xenial.

 

 

 

Estrella e o Coelliño Branco

Hoxe venres 8, os nenos e nenas de infantil recibimos a visita de Estrella, a mamá de Fran que nos veu contar un dos nosos contos favoritos,

O coelliño branco!!

 

Escoitámola emocionados e encantounos pasar con ela un anaco moi agradable

 

Deixámosvos algunhas fotiños :)

 

 

 

 

 

 

 

Gracias de novo Estrella por compartir o teu tempo connosco!

Con moito amor, os nenos e nenas de infantil do CEIP de Sandiás!

Volve pronto! :)

 

 

OBRADOIRO DE ARTE INFANTIL

JULIA MARQUÉS

Hoxe tivemos o pracer de visitar cos máis pequenos do PAI e colexio unha exposición e un obradoiro da man de Julia Marqués na sala de exposicións do concello. Unha artista que vive e traballa en Barcelona pero con raíces en Vilar de Santos. Estivo explicándonos un pouco o porque dos seus traballos todos eles reflexando unha morea de emocións.

 

Despois tíñanos preparado un pequeno taller con diferentes materiais no que puideron reflexar o seu arte a través dunha silueta. É unha artista que ademais de paisaxes gústalle moito plasmar retratos e aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo decoramos un retrato dunha muller con diferentes materiais.

 

"La felicidad y la cultura son la base del progreso y la felicidad de los pueblos"

PERIODO DE ADMISIÓN

Unha mañá con Anxo Moure

XACIA

 

Din que Chantada, Pantón e O Saviñao foi o berce destes seres mitolóxicos galegos, metade mulleres metade peixe

 

 

 

 

Delas veunos falar este venres o noso querido Anxo Moure, convertido en peixe do río que nos ensinou as xacias, cómo pescar na barca, cómo coidar dos ríos… e fixemos de magos e paseamos na súa barca. Transmitiunos ese sentimento de coidado pola natureza que tan importante é, encantounos compartir a mañá con el

 

Gozamos moito desta marabillosa mañá os máis pequenos e os maiores

 

Gracias á ANPA do Ceip de Sandiás pola vosa colaboración nesta proposta :)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRACIAS Anxo, amigo, esperamos verte pronto!!

 

 

 

VISITA GARDA CIVIL

Tivemos unha visita moi interesante...veu a Garda Civil ao noso cole. Deixaronnos montar no coche, tocar a sirena, poñer as luces, vimos un chaleco antibalas e tamén nos deron unhos consellos moi importantes de Educación Vial. Para rematar regaláronnos un carnet e unha pulsera.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Coñece a nosa escola dende o 15 de febreiro ata o 15 de marzo con visitas individualizadas os luns, mércores e venres de 12:30 a 13:00h.

Chámanos de luns a venres de 12:00 a 12:30h para resolver dúbidas con respecto ao proceso de admisión que será do 1 ao 20 de marzo.

+ Info:

Telf: 988-46-52-05

Correo electrónico:ceip.sandias@edu.xunta.gal

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsandias/

ENTROIDO

O venres participamos no Desfile Infantil de Entroido de Xinzo de Limia. Pasámolo xenial! 

Queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración dun xeito ou outro; preparando @s seus fill@s, desfilando con nós, poñendo a música...

DÍA DA PAZ

Bo día familias!!

 

O día 30 de xaneiro celebramos a conmemoración do Día da Paz traballando a Wangari Mathaai, unha activista africana, gañadora do Nobel da Paz pola súa gran labor nos montes de Kenia plantando milleiros de árbores.

 

 

Esta proposta encantoulle tanto aos pequenos e pequenas do centro como aos máis maiores, deixando todos plasmados os debuxos das súas árbores neste fermoso taboleiro, traballamos así a empatía e a creatividade, deixando que cada cativo e cativa fixera libremente a súa árbore.

 

 

Como proposta tamén de centro, plantamos entre todos a nosa árbore.

 

 

 

 

 

Gozamos moito e pasamos un día moi bonito, traballando en equipo en cotacto coa natureza que nos rodea!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido