AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Bo día familias!

 

Xa podedes solicitar o bono de libros e material que vos proporciona o concello de Sandiás.

 

A documentación que tedes que cubrir, asinar e presentar é a seguinte:

  • Certificado ou informe do centro escolar onde os/as alumnos/as realicen os estudos no que se especifique o curso onde están matriculados.
  • Certificado ou informe do centro escolar conforme recibiron axudas, a súa cantidade, ou polo contrario non percibiron ningunha.
  • Fotocopia do DNI do/a solicitante, pai, nai, titor/ra ou persoa adxudicataria en sistemas de acollemento familiar.
  • Fotocopia do libro de familiar.
  • Certificado de empadroamento do alumno/a.

 

Prazo: ata o día 24 de setembro incluído

ACTIVIDADES PROPOSTAS ANPA CURSO 24/25

A ANPA do CEIP de Sandiás oferta para este curso os seguintes servizos.

Aula matinal de 8:00 a 10:00. O servizo comeza ao inicio de curso.

 

EXTRAESCOLARES

Piscina climatizada.

Inglés.

Música.

Axedrez e Robótica.

 

Calquer consulta porse en contacto coa ANPA.

LISTA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25

No adxunto poden descargar a lista de libros de texto para o curso 24-25.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS

AGRADECEMENTO

Chegou o momento da miña despedida do CEIP de Sandiás.

Quero agradecervos a tod@s a confianza que depositastes en min durante estes oito cursos.

Sei que hai cousas que se puideron mellorar. Pido desculpas polos erros. Pero sempre tentei facer o meu traballo o mellor que puiden e con moita ilusión. 

Gracias polo agasallo de hoxe. Pero para min, o mellor é levar o recordo dos abrazos, bicos, sorrisos e cariñas d@s vos@s fill@s.

Disfrutade con eles cada día e tentade que sexan sempre moi felices.

Bicos

Nuria Brandín Pérez

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Hoxe fomos de excursión a Ribeira Sacra, montamos en catamarán e visitamos o Mosteiro  de Santo Estevo e de San Pedro de Rocas. Foi unha experiencia diferente e pese a que o tempo non nos acompañou moito o feito de estar todos xuntos foi irrepetible.

GRADUACIÓN 2024

Queridas familias!

Hoxe foi un día moi moi especial… celebramos a graduación dos nenos e nenas, especialmente os que pasan para primeiro e os que se van ò instituto!!

Disfrutamos moitísimo desta reunión xuntos e acompañamos a Sara e Fran neste cambio de etapa e despedímonos de Sinaí, Javi e Andrés que marchan para o instituto… botarémosvos de menos amoriños!!!

Tamén despedimos a Nuria, a nosa directora e profe de inglés que se vai para outro cole… Nuria gracias por este tempo compartido, polas alegrías e polas preocupaciòns compartidas, non é un adeus, é un ata pronto!! Botarémoste de menos!

Deixàmosvos un vídeo cos momentos máis bonitos de hoxe, disfrutadeo moito!

 

Paula e a ciencia

O pasado Xoves tivemos unha visita moi especial, Paula, a mamá de Vera, veunos explicar un pouquiño como é o proceso integral da depuración das augas a tráves dun conto e un experimento a todo o alumnado do cole.

Foi unha experiencia xenial na que aprendimos moitas cousas que ata agora non nos houbésemos plantexado.

 

Cos resultado do experimento usamos a auga limpa para regar a nosa Horta e aprendimos que con pequenos xestos podemos contribuir a grandes cousas.

 

Moitísimas gracias por vir e compartir este tempo con nós Paula, encantounos estar contigo e esperamos que volvas pronto!!

V CAMPAÑA POLO MEDIO AMBIENTE: A CAZA DO LIXO EN SANDIÁS

Dende o PAI e o CEIP realizaremos dita iniciativa o Xoves día 6.
 
 
Grazas por ternos en conta nesta iniciativa! 

PICNIC

O pasado venres aproveitando o bo tempo fixemos un picnic cos nenos e nenas do PAI detrás do Centro Social. Foi unha experiencia moi positiva na que o alumnado de infantil lembrou e desfrutou un anaco das mestras do PAI e os peques do PAI disfrutaron e xogaron cos seus antigos compis. Repetiremos seguro! Grazas as educadoras do PAI e en especial a Cris pola acollida a todo o que lle propoñemos.

 

 

Distribuir contido