Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Voz Natura

Día das árbores

O alumnado de 3º de Educación Primaria aprendeu poesías de distintos autores coa temática das árbores para conmemorar o Día das árbores o 21 de marzo. Gozade desta marabilla...

Horto

Durante as últimas semanas, o alumnado de Educación Infantil foron os encargados do traballo no horto.

Todos/as os nenos/as do cole pasaron polo horto escolar na súa quenda. Deixamosvos o traballo dos máis pequenos do centro para que desfrutedes das imaxes...

 

Andaina 5º e 6º Educación Primaria

Os alumnos/as de 5° e 6° de primaria fixemos unha andaina ata as fervenzas de Segade para rematar o trimestre nunha xornada de convivencia e contacto coa natureza. Foi realmente emocionante descubrir covas ocultas, ver a ponte romana de Segade e seguir o sendeiro monte a través ata as fervenzas. Unha vez repuxemos forzas emprendemos o camiño de volta, nesta vez quedámonos con flores curiosas que atopamos polo camiño como o couselo, o botón de ouro...ata fixemos trompetas co centeo!

 

 

Contacto coa natureza

O alumnado de 6º de Educación Primaria apadriñou aos nenos e nenas de Educación Infantil nunha andaina en contacto coa natureza para ensinarlles a flora e a fauna da nosa contorna. Foi unha xornada xenial!


 

Día Mundial Forestal

 

Para conmemorar o Día Mundial forestal 2024 o alumnado de Educación Infantile 1º ciclo de Educación Primaria, non dubidou en calzar as botas e  plantar no monte da nosa parroquia de San Clemente, 200 árbores de distintas especies (castiñeiros, cerdeiras, pradairo e nogais) na compaña do alumnado doutros centros do concello.

 

 

Charla Proxecto Terra 2023

Charlas relacionadas co Proxecto Terra desenvoltas neste curso 22-23.

Proxecto Terra 2023 de Biblioteca San Clemente

Horto Escolar (3º Primaria - Curso 21-22)

Día especial para o alumnado de 3° xa que logrou poñer en funcionamento o Proxecto da creación do horto escolar. Traballaron e desfrutaron moito polo que esperan ver o resultado do seu esforzo moi pronto. Grazas a #AsoProVida pola súa colaboración.