Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Outras Actividades

Obradoiro de Cerámica e Xabón

Esta semana, o alumnado do 2° ciclo de Primaria, tivo a sorte de disfrutar dunha xornada de obradoiros: un de elaboración de xabón e outro de cerámica. Grazas a Asociación de personas con discapacidade Asdivalu por contar co noso centro para levar a cabo estas actividades.

 

Semana da ciencia en Caldas de Reis 2024

O alumnado do noso centro participiou na Semana da Ciencia (Ciencia na Rúa) organizada polo Concello de Caldas de Reis. Visitamos a exposición no xardín de experiencias científicas presentadas polo alumnado dos centros educativos de Caldas. Destacamos o traballo do noso alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria que cos seus experimentos levaron a ciencia a todos os asistentes. Gústanos a CIENCIA!!!

 

Charla Proxecto Terra 2023

Charlas relacionadas co Proxecto Terra desenvoltas neste curso 22-23.

Proxecto Terra 2023 de Biblioteca San Clemente

Semana da Ciencia en Caldas de Reis

O alumnado de 2º, 5º e 6º de Primaria preparou diferentes experimentos científicos que presentou na semana da Ciencia de Caldas de Reis, que se celebra todos os anos. Aquí tedes unha mostra de todo o traballo que levaron a cabo.

 

Vídeo da titoría de 2º de EP do proxecto levado a cabo para a semana da ciencia de Caldas de Reis.

 

Vídeo de presentación do proxecto de 6º de EP presentado á semana da ciencia de Caldas de Reis.

 

Vídeo do proceso de montaxe do Kart presentado na semana da ciencia de Caldas de Reis.
Gustaríanos facer un agradacemento a: Carducho, Serafín Barcala, Ricardo Figueiro, Miguel Anxo Figueiro, María del Carmen Reboredo, Beatriz Fernández e Jose Rodríguez por colaborar con nós para poder presentar este proxecto, sin vós isto non sería posible! Moitas grazas familias Clementinas.

 

 

Ciencia en movemento

Tivemos a oportunidade de ter na escola un obradoiro de "Ciencia en Movemento", no que todo o alumnado de Educación Primaria puido achegarse ao mundo científico a través da participación en distintos experimentos adaptados as súas idades. Compartimos con vós un resumo do día.

Fundación Amigos de Galicia

Hoxe visitou o noso Centro a "Fundación Amigos de Galicia", aproveitando a celebración do día da Paz nesta semana.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla na que lles explicaron as súas actividades, os servizos que ofrecen e as doazóns e colaboracións que levan a cabo.

Ao finalizar, fixeron unha gravación co alumnado de 6º de Primaria, para montar un video en colaboración con outros centros educativos, mostrando o noso apoio á poboación de Ucraína.

En canto teñamos acceso ao video, publicarémolo para que o poidades ver.

  

Charla sobre Ciberseguridade

      O venres 21 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unha charla informativa relacionada coa Ciberseguridade (Riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas Redes Sociais), impartida pola Garda Civil do Concello de Vilagarcía de Arousa (o relator foi o axente Lustres).

      Esta charla informativa está incluida no PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos para este curso 22-23; plan promovido pola Consellería de Educación.

      Aquí tedes as fotos da actividade que se desenvolveu na Biblioteca Escolar do Centro.

      

      

 

Charla sobre Violencia de Xénero e Acoso Escolar

      O martes 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unhas charlas informativas relacionadas coa Violencia de Xénero e o Acoso Escolar, impartidas pola Garda Civil do Concello de Caldas de Reis (as relatoras foron as axentes Ruth e Pepi).

      Estas charlas informativas están incluidas no PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos para este curso 22-23; plan promovido pola Consellería de Educación.

      Aquí tedes as fotos da actividade que se desenvolveu na Biblioteca Escolar do Centro.

     

     

     

"EU PECHO A PORTA". (25 de novembro de 2021)

Presentamos unha nova creación de Producións Clementinas para a conmemoración do 25 de novembro, Día contra a Violencia. Esperamos que vos guste moito.