Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Día do Libro. Madriñas e Padriños Lectores

Día do libro 2024

Hoxe, 23 de abril, festexamos o Día do Libro coa actividade "Madriñas e padriños lectores". Aproveitamos este tempo de sol para saír ao patio e escoitar os contos que os nenos e nenas de 3º, 4º e 6º prepararon para nós.
Grazas a todos e a todas por este día de libros e mañá... máis! Estade atentos/as!

Día do Libro 2022

      O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria foi o encargado de contarlles ao alumnado contos en lingua galega no exterior do Centro.

Para ver mais imaxes desta actividade, segue este enlace: Día do Libro 2022

 

Día do Libro 2021

    Para conmemorar o Día do Libro deste curso, retomamos a actividade de Madriñas e Padriños lectores, levada a cabo polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    Ademais, as nenas e nenos de 3 anos recoméndannos o conto "Un becho estraño", da editorial Kalandraka.

    Outra das actividades realizadas é o teatro de sombras do grupo Diversombras, formado polo alumnado de 1º de Primaria, que representan o conto "Elmer, outra vez".

Día do Libro 2020

     Que non poidamos estar xuntos, non significa que non poidamos conmemorar o Día do Libro. A continuación compartimos un vídeo que recolle as historias contadas polas nenas e nenos do Centro, a partir dos seus contos preferidos. FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

Día do Libro 2019

     As nenas e nenos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria convertéronse por un día en Madriñas e Padriños lectores, realizando a lectura de contos en lingua galega ao resto do alumnado do Centro.