Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron roscas de Pascua para rematar o trimestre.
Durante as últimas semanas, os nenos e nenas de Educación Infantil encargáronse dos traballos do horto.
Durante este segundo trimestre, o alumnado de Educación Infantil estivo a realizar diversas actividades dentro do programa Vexo, veo Xacobeo do Plan Proxecta co obxectivo de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e traballar estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
Deixámosvos algunha imaxes da realización de diversas actividades así como un vídeo da elaboración da Torta de Santiago.
#oamordapatriagalega.
Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria prepararon un Podcast que recolle un repaso pola sua biografía e obra e o acompaña un recitado de poema extraído de "As de Cantar" de "Cantares Gallegos".Agardamos que desfrutedes con este contido que ten por obxecto dar a coñecer a vida e obra da autora.
A Continuación, o alumnado de 2º e 3º ciclo fixo un recitado conxunto do Poema "Adiós Ríos, Adiós Fontes" da Autora, na Biblioteca Escolar para todo o alumnado do centro.
O alumnado de Educación Infantil fomos á biblioteca clementina para facer un obradoiro de experimentos! Primeiro, realizamos o "Fluído non Newtoniano" que consiste en mesturar fariña de millo con auga para xerar o fluído chamado "non Newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso, cando lle aplicamos moita presión comportase como un sólido mentres se lle aplicamos pouca, coma un líquido.
Despois experimentamos coas luces e coas cores. Precisamos uns botes de cristal, colorante de cores, auga, unha lanterna e escuridade. Desta forma a luz atravesa o vidro transparente proxectando as cores que contén. É así como conseguimos luces de cores!!
Para adentrarnos no outono, fixemos unha saída pola nosa contorna máis próxima na que aproveitamos para recolectar diferentes produtos do outono como castañas, landras, follas de diferentes árbores, piñas... Todo isto utilizámolo para facer unha instalación xunto con outros produtos aportados polas familias.
As instalacións constitúen espazos de experimentación no que os nenos e nenas, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, van construíndo os seus propios coñecementos. As mestras preparamos o espazo previamente con diferentes produtos para que elas e eles poidesen experimentar dun xeito libre.
Coa celebración da Semana da Ciencia, en Caldas de Reis, o alumnado de Educación Infantil recibiu unhas sesións de experimentos moi orixinais na nosa escola.
Ciencia na Escola 2023 de Biblioteca San Clemente
O alumnado de 5 anos participaron na Xincana pola igualdade organizada polo Concello de Caldas de Reis.
Xincana pola Igualdade 2023 de Biblioteca San Clemente