Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Secretaría

Renovación Consello Escolar

Premendo enriba podedes acceder á circular informativa relativa á renovación do consello escolar.

Fondo de Libros 2024-2025

CONVOCATORIA FONDOLIBROS CURSO 2024-2025

 

 

 

 

PRAZO PRESENTACIÓN

 

 

Data limite 21 de xuño, en todo caso recoméndase que se presente a documentación o antes posible, para poder ter marxe de actuación ante posibles erros.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

 

 

- ANEXO I debidamente cuberto.

 

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

 

a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

- Para os seguintes documentos si a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

• DNI ou NIE

• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

 

- Para a declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta deste, o certificado de imputacións de renda do exercicio 2021 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

 

 

b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.  

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida. no caso que corresponda.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

MODOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES

- Presencial, no centro. (So se presenta unha solicitude única para todos os fillos matriculados nun mesmo centro)

- Via electrónica a a través dos formularios (ED330B-anexos I e II) accesibles dende a sede electrónica da xunta de Galicia. (Neste caso será necesaria a presentación de unha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro). 

Reserva de Praza (IES) 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Eleccións ao Consello Escolar

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias,

De acordo coa normativa vixente respecto dos órganos colexiados de goberno dos centros docentes públicos non universitarios, procede levar a cabo no curso actual a renovación parcial de membros do Consello Escolar deste colexio.

Segundo o cumprimento da Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro 2021) no vindeiro mes de novembro realizarase o proceso electivo para membros do Consello Escolar. Para organizar e supervisar dito proceso deberá ser nomeada unha xunta electoral, da que formará parte a directora, un mestre ou mestra e un pai ou nai ou titor legal e un representante do PAS. Para iso, o venres 29 de outubro, ás 9.15 horas, terá lugar na biblioteca deste colexio o sorteo público do que resultarán os membros: sector de pais/nais e mestres/as que constituirán a citada Xunta Electoral.

Posteriormente recibirán vostedes información sobre as distintas accións que se levarán a cabo para o desenvolvemento desta 12 ª renovación parcial do Consello Escolar.

Neste curso renovaranse tres mestras/es e unha nai/pai.

O Consello Escolar é o órgano colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade educativa.

É pois moi importante a implicación e participación de todos/as.

Recibide un cordial saúdo.

En Baltar a, 26 de outubro de 2021

O equipo directivo

 

Enlace ao calendario das eleccións. Premer AQUÍ

Presentación das candidaturas ás eleccións do consello escolar. Información AQUÍ

NOVO Circular informativa para a elección dos representantes ao Consello Escolar. Premer AQUÍ

 

Enquisa de Convivencia

 

Estimada familia:

 

     De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

    Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e   que terá unha periodicidade bianual.

      A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

   As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

     A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con el ou precisase un novo pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

     Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

 

NOTA:

Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos:

 

       https://www.edu.xunta.gal/enquisas/index.php/625973?lang=gl

 

   Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.

 

 

Entrega de notas e Vacacións de Nadal

22/12/2020 08:00

O 22 de Decembro remata o primeiro trimestre, e farase a entrega de notas mediante a aplicación abalarMovil, coma no curso pasado.

Desexamos que teñades unhas boas vacacións de Nadal, e verémonos de novo o día 8 de Xaneiro de 2021.