Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Departamento de Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

BENVIDOS AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

DO C.E.I.P. PLURILINGÜE SAN CLEMENTE DE CESAR

 

                                                                       

 

Obradoiro de Cerámica e Xabón

Esta semana, o alumnado do 2° ciclo de Primaria, tivo a sorte de disfrutar dunha xornada de obradoiros: un de elaboración de xabón e outro de cerámica. Grazas a Asociación de personas con discapacidade Asdivalu por contar co noso centro para levar a cabo estas actividades.

 

Marcha Azul

O 2 de abril celébrase o día mundial de concienciación sobre o autismo.

Desde o noso centro quixemos visibilizar e promover a inclusión das persoas con espectro autista en todos os ámbitos da súa vida. E, apoiando o lema da campaña deste ano “Autismo preto de ti”, propuxemos ao resto dos centros educativos do Concello de Caldas unirse ao noso nunha gran “marcha azul”.

Marcha solidaria coa que quixemos cambiar a nosa mirada e lograr un cambio de actitude que desemboque en comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas con espectro autista e ás súas familias.

Desde o Departamento de Orientación presentámosvos o vídeo elaborado para a conmemoración deste día. Esperamos que vos guste moito.

XUNTOS CELEBRAMOS A DIVERSIDADE E PROMOVAMOS A INCLUSIÓN!

 

E ti… por que es diferente?

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL.

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade ou diversidade funcional.
No cole fixemos varias actividades para traballar a reflexión e a sensibilización que nos leve á inclusión de todos e todas en todos os aspectos da vida.
Visualizamos o vídeo-conto “O cazo de Lorenzo” feito polo Departamento de Orientación o curso pasado e desenvolvemos a actividade “sombreiros diferentes” na que todo o centro participou e que no día de hoxe pechamos coa presentación e visualización do vídeo “E ti… por que es diferente? (elaborado por todo o alumnado, persoal docente e non docente).
Desexamos que vos guste e agradecemos a vosa implicación.
 
#DiaInternacionalDiscapacidad #diversidadfuncional #neae #necesidadeseducativasespeciales
 
 
 
 

 

Día do TDAH 2023

O pasado 27 de outubro celebrouse o día do TDAH en España. O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é unha afección crónica. Inclúe unha combinación de problemas persistentes, tales como dificultade para manter a atención, hiperactividade e comportamento impulsivo. Dende o Departamento de Orientación animámosvos a visualizar un pequeno vídeo: "TDAH: Tu Decides AHora" co que estivemos traballando nas aulas.

Esperamos que vos guste.

 

 

 

Día de Concienciación do Autismo (2 abril 2023)

Mural elaborado polo alumnado pertencente ao Departamento de Orientación para a conmemoración do Día de Concienciación do Autismo, celebrado o 2 de abril.

 

Día da Diversidade Funcional (2022)

     Dende o Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar queremos conmemorar o día da diversidade funcional, que se celebra o 3 de decembro.

     Con este proxecto pretendemos mostrar a importancia da riqueza que nos aporta ser diferentes uns dos outros, construíndo un mundo mellor e máis inclusivo, e valorando as diferentes capacidades, talentos…

  Deixámosvos esta actividades realizada por todos os nenos e nenas do Departamento. Desexamos que vos guste.

 

Día da Discapacidade 2021

Visionamos no cole distintas curtametraxes relacionadas co Día da Discapacidade. Unha delas é: "El regalo" que non deixa indiferente a nenos/as nin maiores.