Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Inicio Curso: Educación Infantil / 1º e 2º de Educación Primaria

Bos días: Xa estamos no inicio de curso, cheo de novidades, que precisamos compartir con vós, por iso, gustaríanos convocarvos para o vindeiro Luns 7 de setembro para unha reunión cos titores dos vosos fillos. Dada a situación na que nos atopamos só poderá asistir un membro da familia por alumno, farase de xeito escalonado seguindo as seguintes quendas: 4º de educación infantil: 09:30 h. 5º de educación infantil: 10:00h. 6º de educación infantil: 10:30 h. 1º de educación primaria: 11:00 h. 2º de educación primaria: 11:30 h. *A duración de cada reunión dependerá do titor ou titora correspondente así como das dúbidas que vaian xurdindo. Aquelas familias que non poidan asistir agradecemos que se poñan en contacto co centro para facilitarlle a información que precisen de cara ao inicio do curso. De cara a un bo funcionamento do centro agradecemos a vosa asistencia. Quedamos á vosa disposición. Un saúdo.