Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Samaín 2022

      Queremos compartir con toda a Comunidade Educativa un video no cal se resumen as actividades que se realizaron no Centro para conmemorar a festa do Samaín neste curso 2022-2023.

      Este ano realizouse dun xeito diferente a como se viña facendo outros cursos. Isto débese a que, dende o Centro, queremos transmitir ao noso alumnado a diferenza que existe entre o Samaín (tradición cultural galega) e o Halloween (tradición americana importada). Todo isto parte da temática do Proxecto Anual de Centro que imos desenvolver este curso, centrado na Cultura Galega (centrándonos na etapa Castrexa).

      Esperamos que desfrutedes moito deste video.